Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 22 de xullo de 2020 Páx. 29038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2020/40-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Concello de Oleiros.

Domicilio social: praza de Galicia, 1, 15173 Oleiros.

Denominación: proxecto de RBTS, LMTS e 2 CT de 400 kVA.

Situación: polígono SUD-1 Cividas, 15177 Mera, Serantes, Oleiros.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada de 15 kV, con inicio e fin na liña LMTS SAD704 entre os centros 15SJCD e 15SFX8, con entrada e saída nos centros de transformación proxectados, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2), Al, lonxitude 782 m (ida e volta).

Dous centros de transformación soterrados compactos en edificio prefabricado (miniSUB con ventilación vertical) sitos na urbanización SUD-1 Cividas, en Mera, Oleiros (A Coruña):

– CT1 compacto soterrado prefabricado, aceite mineral e relación de transformación 15/0,42 kV, con celas prefabricadas SF6 (2L1P), dúas celas de liña e unha de protección con interruptor-seccionador (24 kV, 400 A, 16 kA) e transformador de 400 kVA.

– CT2 compacto soterrado prefabricado, aceite mineral e relación de transformación 15/0,42 kV, con celas prefabricadas SF6 (2L1P), dúas celas de liña e unha de protección con interruptor-seccionador (24 kV, 400 A, 16 kA) e transformador de 400 kVA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun (1) ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 17 de abril de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña