Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 21 de xullo de 2020 Páx. 28907

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 633/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que, no procedemento ordinario 633/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carina Abete García contra Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste Slaaenor, S.L., Asesores Moreiras Renovables, S.L.U., Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di:

Que estimando parcialmente a demanda interposta por Carina Abete García, contra Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste, S.L.U. (Aenor, S.L.), e Asesores Moreiras Renovables, S.L. (Amore, S.L.), debo condenar e condeno a mercantil Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste, S.L.U. (Aenor, S.L.) a pagarlle á demandante a cantidade de 1.044,70 euros polo concepto de indemnización por despedimento obxectivo, máis os xuros previstos no artigo 1108 do Código civil desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil a partir da presente resolución; e absolvo as codemandadas Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., e Asesores Moreiras Renovables, S.L. (Amore, S.L.) das peticións deducidas na súa contra.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia, e deberá estarse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que, fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., e Asesores Moreiras Renovables (Amore, S.L.), en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza