Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 21 de xullo de 2020 Páx. 28919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 7 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan as persoas interesadas nos recursos contencioso-administrativos P.O. 164/2020, P.O. 165/2020 e P.O. 166/2020 contra as resolucións polas que se desestiman os recursos de alzada formulados fronte á Resolución do 7 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se eleva a definitivo o baremo das puntuacións da fase de concurso, e contra as inadmisións dos recursos de alzada formulados fronte á Resolución do 9 de decembro de 2019, do mesmo tribunal, pola que se dá publicidade da relación de persoas que superaron ese proceso selectivo.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu oficios da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polos que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados nos recursos contencioso-administrativos P.O. 164/2020, P.O. 165/2020 e P.O. 166/2020, fronte a tres resolucións da Consellería de Facenda polas que se desestiman os recursos de alzada formulados fronte á Resolución do 7 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se eleva a definitivo o baremo das puntuacións da fase de concurso, e contra as resolucións polas que se inadmiten os recursos de alzada formulados fronte á Resolución do 9 de decembro de 2019, do mesmo tribunal, pola que se dá publicidade á relación de persoas aspirantes que superaron ese proceso selectivo.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública