Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 21 de xullo de 2020 Páx. 28918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 30 de xuño de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan as persoas interesadas nos recursos contencioso-administrativos PO 170/2020, PO 171/2020, PO 172/2020 e PO 173/2020 contra a inadmisión do recurso de alzada fronte ao Decreto 60/2019, do 23 de maio, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 108, do 10 de xuño).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados nos recursos contencioso-administrativos PO 170/2020, PO 171/2020, PO 172/2020 e PO 173/2020, fronte á inadmisión do recurso de alzada fronte ao Decreto 60/2019, do 23 de maio, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 108, do 10 de xuño).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública