Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 21 de xullo de 2020 Páx. 28921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 7 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas nos recursos contencioso-administrativos PO 182/2020 e PO 183/2020 contra as resolucións do conselleiro de Facenda polas que se desestiman os recursos de alzada formulados fronte á Resolución do 7 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se eleva a definitivo o baremo das puntuacións da fase de concurso e contra as inadmisións dos recursos de alzada formulados contra a Resolución do 9 de decembro de 2019, do mesmo tribunal, pola que se eleva a definitivo o baremo das puntuacións da fase de concurso.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu oficios da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polos que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados nos recursos contencioso-administrativo PO 182/2020 e PO 183/2020, fronte a dúas resolucións do conselleiro de Facenda do 29 de xaneiro de 2020 polas que se desestiman os recursos de alzada formulados fronte á Resolución do 7 de outubro de 2019 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se eleva a definitivo o baremo das puntuacións da fase de concurso e contra as resolucións do 29 de xaneiro de 2020 polas que se inadmiten os recursos de alzada formulados fronte á Resolución do 9 de decembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se eleva a definitivo o baremo das puntuacións da fase de concurso.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos á referida sala no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública