Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Sábado, 18 de xullo de 2020 Páx. 28646

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 101/2020, do 17 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro.

O artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 215/2003, do 3 de abril, establece as medallas que, anualmente, se poderán outorgar nas súas distintas categorías.

Tendo en conta o previsto no artigo antes indicado, o Goberno galego ten a vontade de outorgarlle a súa máis alta distinción a quen se indica a seguir.

Polo tanto, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de xullo de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Conceder a Medalla de Ouro de Galicia:

– Aos profesionais da sanidade galega implicados na atención aos pacientes COVID-19.

Santiago de Compostela, dezasete de xullo de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza