Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 14 de xullo de 2020 Páx. 28058

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 347/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 347/2019 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Manuel López Freijeiro, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva se achega:

«Fallo:

Que, estimando a demanda interposta por Consuelo Capelán Ares contra a empresa Manuel López Freijeiro, declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 22.2.2019 e a condénoa a que, no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade –s. e. ou o.– de doce mil seiscentos cincuenta e catro euros e noventa e dous céntimos (12.654,92 €); e con aboamento, só en caso de que se opte pola readmisión, dos salarios de tramitación deixados de percibir dende a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de corenta e dous euros e cincuenta e catro céntimos (42,54 €) diarios; advírtese de que a devandita opción deberá efectuarse no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución e que, para o caso de non se facer, se entenderá que optou pola readmisión.

Todo iso con participación do Ministerio Fiscal.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Manuel López Freijeiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza