Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27850

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (714/2019).

Eu, M. Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, por medio do presente edicto fago constar que na peza de apelación 714/2019, dimanante do procedemento ordinario 557/2018 do Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Vigo, en que figura como demandante Banco Popular, S.A. e demandados Ángel dos S.A., M. Ángeles A.V. e Miguel Anchía Rodríguez, esta sección ditou sentenza o 6 de marzo de 2020, en que desestimou o recurso de apelación interposto pola procuradora Sra. Carpintero Fernández, en representación de M. Ángeles A.V., contra a sentenza ditada en primeira instancia, cuxo texto íntegro se encontra nesta secretaría á disposición dos interesados.

Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación, para o caso de que se acredite interese casacional ou, se é o caso, recurso extraordinario por infracción procesual, con base no establecido no artigo 447 da Lei de axuizamento civil.

Para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Miguel Anchía Rodríguez, cuxo domicilio se descoñece, expido o presente edicto.

Vigo, 26 de xuño de 2020