Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27851

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (114/2019).

Eu, Mónica Rubia López, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente,

Anuncio:

Que no presente procedemento de xuízo verbal 114/2019-F seguido por instancia de C.P. avda. das Mariñas, 319, Perillo, Oleiros fronte a Fernando Salgueiro Sánchez, en situación de rebeldía procesual, ditouse sentenza de data 4.6.2020.

E encontrándose Fernando Salgueiro Sánchez en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este, indicándose que o interesado poderá dirixirse a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, en que se tramita o procedemento, co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Así mesmo, faise constar que contra a devandita resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

A Coruña, 5 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza