Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27852

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (SSS 11/2015).

Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que por resolución ditada nos presentes autos, no proceso seguido por instancia de Asepeyo, Mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, contra Agrajes, S.L., Mutua Fremap, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ferlosa, Ultransa, S.L., Manuel López López, Pizarras La Campa, S..L., Benito López Ferreiro, en reclamación por seguridade social, rexistrado co número seguridade social 11/2015, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Agrajes, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 9 de setembro de 2020, ás 9.30 horas, no 4º andar, sala 9, Edificio Xulgados, para a celebración de xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Agrajes, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Lugo, 15 de xuño de 2020

O letrado da Administración de xustiza