Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27848

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2020 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a da Área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados.

Convocada por Resolución do 13 de febreiro de 2020 (DOG núm. 31, do 14 de febreiro), a provisión do posto de xefe/a da Área de Sangre, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados, esta dirección, en virtude de las competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro) polo que se establece la estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orden do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os sus estatutos (DOG núm. 197, do 15 de outubro)

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión del posto de xefe/a de Área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados, convocado por Resolución do 13 de febreiro de 2020 (DOG núm. 31, do 14 de febreiro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, á persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, o/a candidato/a nomeado/a será avaliado/a, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O/a aspirante nomeado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel no que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao do cesamento, si a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince (15) días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, se entenderá por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional, ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orden sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución, poderán interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2020

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANEXO

Denominación do posto: xefe de Área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Nome e apelidos: Carlos Areal Méndez.

DNI: ***2430** (*).

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.