Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 19 de xuño de 2020, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-00308-O-2020 e un máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación do expediente sancionador LU-00308-O-2020 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 19 de xuño de 2020

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

anexo

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción proposta

LU-00308-O-2020

O-7758-BP

03909997C

Exceso de peso superior ao 5 %.

13.1.2020; 20.53.00; N-634; 639,8

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

LU-00784-O-2019

1627-FCN

76747254A

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

12.4.2019; 8.37.00; N-540; 63,5

Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

Art. 143.1 LOTT

801 euros