Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 22 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Zas (expediente-e IN407A 2020/75-1).

Expediente-e: IN407A 2020/75-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación da LMT VIM802 apoio 64-66-4, no lugar de Pudenza.

Concello: Zas.

Características técnicas:

– Novo treito da LMTS en conductor de tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 3 (1x240) mm² Al, canalizado nunha gabia de 0,40 metros de largo e 1,00 metros de profundidade, aloxado no interior dunha tubaxe de polipropileno de 160 mm de diámetro e instálase outra tubaxe das mesmas características de reserva.

– A liña terá o seu inicio no paso aero-soterrado que se realizará no apoio número 64-66-4 proxectado de tipo C-14/2000 que se intercalará na LMT VIM802, no treito da derivada ao CT Pudenza e rematará no paso soterrado-aéreo que se realizará no apoio número 64-66-4/1 proxectado de tipo C-14/2000 que se intercalará na LMT VIM802, no treito da derivada ao CT Pudenza. A lonxitude total da LMTS é de 150 metros.

– Nos apoios proxectados instalaranse autoválvulas e botellas terminais que realizarán as funcións do cabo de liña, e retirarase o treito de liña aérea entre os apoios proxectados, en condutor nu de tipo LA-30, cunha lonxitude de 162 metros.

– A alimentación ao CT Pudenza realizarase en condutor nu de tipo LA-56, que se iniciará no apoio número 64-66-4/1 proxectado de tipo C-14/2000 que se intercalará na LMT VIM802. O treito entre o novo apoio 64-66-4 e o existente 64-66-3 manterá o existente condutor nu de tipo LA-30 e retensarase. A lonxitude deste treito da liña é de 46 metros.

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 22 de xuño de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2020/75-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación da LMT VIM802 apoio 64-66-4, no lugar de Pudenza.

Concello: Zas.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Lugar: O Pinal.

Cultivo: prado.

Propietaria: Matilde Santos Amigo.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 64-6-4.

• m2: 10,0.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais soterrados: 3,0.

• m2 soterrados: 9,0.

Número de predio: 2.

Lugar: Agribo da Fonte.

Cultivo: labor.

Propietario: Emilio Antelo Suárez.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 66-4-1/1.

• m2: 10,0.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 46,0.

• Metros lineais soterrados: 3,0.

• m2 aéreos: 431,0.

• m2 soterrados: 9,0.