Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 29 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ortigueira (expediente-e IN407A 2020/99-1).

Expediente-e: IN407A 2020/99-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución do CTC Couce das Taugas (15CV23) polo CTI Ortigueira, no lugar do Couce das Taugas.

Concello: Ortigueira.

Características técnicas:

– Treito liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV (actuación número 1) cunha lonxitude de 49 m, con orixe no apoio 45-34 existente da LMT MEA808, condutor tipo LA-56 mm2 Al e remate no apoio 45-36 existente da LMT MEA808.

– Treito liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV (actuación número 2) cunha lonxitude de 23 m, con orixe no apoio 45-35 proxectado da LMT MEA808, condutor tipo LA-56 mm2 Al e remate no centro de transformación intemperie proxectado.

– Novo centro de transformación intemperie Couce das Taugas, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400 V.

– Desmantelamento do centro de transformación en caseta existente.

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 29 de xuño de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Expediente-e: IN407A 2020/99-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución do CTC Couce das Taugas (15CV23) polo CTI Ortigueira, no lugar do Couce das Taugas.

Concello: Ortigueira.

Número de predio: 1.

Lugar: Fonte.

Cultivo: prado.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 6,0.

• m2 aéreos: 142,0.

Número de predio: 3.

Lugar: Súacasa.

Cultivo: labor.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 43-35-1-CT.

• m2: 10,0.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 10,0.

• m2 aéreos: 178,0.