Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Muras (expediente 4/2018 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, sométese a información pública a seguinte solicitude da instalación eléctrica indicada:

Solicitante: Hépotas, S.L.

Solicitude: autorizacións administrativas previa e de construción.

Denominación: LAT aérea 132 kV de evacuación do parque eólico de Hépotas.

Concello afectado: Muras.

Características técnicas da liña eléctrica:

– Liña de alta tensión de 132 kV, en aéreo, sobre 5 apoios metálicos de celosía, en simple circuíto, e con condutor LA 180, cunha lonxitude de 1.189 m e con un cable de comunicacións OPGW 48 F. A súa orixe será na subestación do parque eólico Hépotas, e o seu final no apoio existente P5 da LAT 132 kV Leboreiro I.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, podendo examinar toda a documentación na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria (rolda da Muralla, 70, 27072 Lugo), ou no portal da Consellería de Economía Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Lugo, 3 de xullo de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo