Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos, no concellos de Mazaricos, Negreira e Outes (expediente IN407A 2010/269-1), acto que terá lugar nas dependencias municipais respectivas segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 29 de xuño de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2010/269-1.
Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.
Denominación da instalación: LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos.
Concellos: Mazaricos, Negreira e Outes.
Predio |
Concello |
Titularidade |
Data |
Hora |
AC-MZ-310 |
Mazaricos |
Hrdos. de María Estrella Noya Martínez e María del Carmen Noya Alvite |
23.7.2020 |
12.00 |
AC-MZ-317 |
Mazaricos |
Ana María del Río Lema |
23.7.2020 |
12.30 |
AC-MZ-352 |
Mazaricos |
Hrdos. de Juan Lado Martínez, Juan, Carmen, Uxía e María Teresa Lado Veiga |
24.7.2020 |
10.00 |
AC-OT-166 |
Outes |
María Pilar Busto García |
31.7.2020 |
10.30 |