Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27647

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 9 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos armadores de buques pesqueiros con porto base en Galicia e ás persoas redeiras para compensar a perda de ingresos como consecuencia da pandemia de COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento PE209K e PE209L).

BDNS (Identif:): 515011.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas bases reguladoras os armadores de buques pesqueiros (3ª lista) con domicilio social en España que figuren inscritos no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia, de buques con porto base en Galicia actualmente e desde o 14.3.2020.

Para ter a condición de persoa beneficiaria, os armadores anteriormente mencionados deben sufrir perdas de polo menos un 25 por 100 nos ingresos derivados da actividade de primeira venda de produtos da pesca e marisqueo frescos e refrixerados en lonxas galegas no período comprendido entre o 14 de marzo e o 15 de maio, ambos incluídos, en relación coa media do mesmo período dos anos 2017, 2018 e 2019.

Así mesmo, tamén poderán ser beneficiarias destas axudas todas aquelas persoas que realicen a actividade de redeira e estean afiliadas ao réxime especial de traballadores do mar por conta propia e integradas nunha asociación de redeiras na Comunidade Autónoma de Galicia, que levasen a cabo a actividade de armado de redes no ano natural anterior á data de presentación da solicitude.

Segundo. Finalidade

As axudas terán como finalidade:

Apoiar as empresas armadoras e as persoas redeiras que visen afectados os seus resultados económicos ou se enfronten a unha falta de liquidez ou outros prexuízos significativos a raíz do brote de COVID-19.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 9 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos armadores de buques pesqueiros con porto base en Galicia e ás persoas redeiras para compensar a perda de ingresos como consecuencia da pandemia de COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Cuarto. Importe

As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.723A.773.0 dotada no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2020, sendo o importe máximo 7.700.000 €. Desta cantidade total, 7.300.000 € destinaranse aos/ás armadores/as de buques pesqueiros e 400.000 € ás persoas redeiras.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.

Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2020

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar