Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 12 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2019/3984-2 e seis máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70,1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 12 de xuño de 2020

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

Resolución

PR204A2019/3984-2

34264355J

Desistencia da solicitude

PR204A2019/4587-2

76622980K

Denegación do dereito

PR204A2020/178-2

Y2290005R

Denegación do dereito

PR204A2020/196-2

34269186Z

Denegación do dereito

PR204A2020/243-2

76936390X

Denegación do dereito

PR204A2020/297-2

34250926Q

Denegación do dereito

PR204A2020/763-2

76620890R

Denegación do dereito