Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27740

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (735/2018).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 735/2018 deste Xulgado do Social se ditou a seguinte resolución:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2020.

Vistos por min, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os autos de procedemento de Seguridade Social nº 735/2018 en que é demandante Asepeyo, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, asistida polo letrado Sr. Balo Couto, e codemandados o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS, en diante) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS, en diante), asistidos pola letrada da Seguridade Social Sra. Pardo Costas, Pulperías Aurora e Hijos, S.L. e Raúl Rodríguez González, que non comparecen a pesar da súa citación en legal forma, dos que resultan os seguintes

Decisión:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Asepeyo, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, fronte ao INSS e a TGSS, Pulperías Aurora e Hijos, S.L. e Raúl Rodríguez González, e en consecuencia, condénase a Pulperías Aurora e Hijos, S.L. como responsable do pagamento directo á mutua demandante da cantidade de 4.638,09 euros en concepto de pagamento anticipado por prestacións de IT percibidas polo traballador demandado Raúl Rodríguez González, ao que se absolve, e pola asistencia sanitaria a este, con responsabilidade subsidiaria do INSS e a TGSS polo importe de 2.380,26 euros de gastos de asistencia sanitaria.

Notifíqueselles ás partes esta resolución contra a que cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.

Así o acorda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pulperías Aurora e Hijos, S.L. en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza