Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 12 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2020/603-2 e oito máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no Anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 12 de xuño de 2020

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

Anexo

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A 2020/603-2

Ramiro Machado Conceiçao

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/611-2

Alberto Ángel Burgo González

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/630-2

Manuel Canoura Regal

Denegación do dereito

PR204A 2020/667-2

Stefan Georgiev Georgiev

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/709-2

Leidy Dahiana Ramírez Chabur

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/716-2

María Sol Fernández Neira

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/748-2

Walter de Jesús Arboleda Gil

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/763-2

Antoni Irastorza Sales

Denegación do dereito

PR204A 2020/767-2

Comunidade de Propietarios de Otero Pedraio, 52, Lugo

Recoñecemento do dereito