Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 9 de xullo de 2020 Páx. 27379

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 5509/2019 MRA).

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5509/2019 desta sección, seguido por instancia de Juan Manuel Cao González contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutua Mutua Colaboradora coa SS nº 274 (Fusión Mutua Galega Ibermutuamur, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Mutua La Fraternidad Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 275, Daniel Figueira Bello, Asociación Cultural Liradavia, Asociación Cultural e Musical Escola de Música de Vilaboa, Sociedad Musical de Pontevedra, sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Rexeitamos o recurso de suplicación interposto por Juan Manuel Cao González fronte á Sentenza do 27 de xuño de 2019, do Xulgado do Social número 2 de Vigo, ditada nos autos nº 1062/2018. Todo iso confirmando a resolución contra a que se recorreu e sen condena en custas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do TSX de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario na forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á Sociedad Musical de Pontevedra, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza