Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 8 de xullo de 2020 Páx. 27229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 17 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arzúa (expediente-e IN407A 2020/72-1).

Expediente-e: IN407A 2020/72-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación da LMT POR703-van 36-37, no lugar do Penedo.

Concello: Arzúa.

Características técnicas:

Substitución do apoio número 36 de formigón, tipo HV-14/2B da LMT POR703 (expediente IN407A 2016/2373-1), por un novo apoio de celosía metálica de tipo C-18/1000, por atopárense os condutores a una distancia ao terreo inferior á regulamentaria. Os condutores existentes nus de tipo LA-110 retensaranse sobre o apoio proxectado.

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 17 de xuño de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2020/72-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación da LMT POR703-van 36-37, no lugar do Penedo.

Concello: Arzúa.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Lugar: Novio.

Cultivo: prado.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo en pleno dominio:

– Apoio núm.: 36.

– m2: 2,0.