Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 8 de xullo de 2020 Páx. 27228

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de auto (PO 660/2018).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 660/2018 deste xulgado do social se ditou auto con data de hoxe e que se pode interpor contra el o oportuno recurso de reposición no prazo de tres días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na Secretaría deste órgano xudicial.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Ruth Tubío Villar, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza