Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 6 de xullo de 2020 Páx. 26714

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (475/2018).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente, anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Míguez Cutrín, S.L. fronte a Construcciones y Contratas Rimal, S.L. ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 52/2019.

Pontevedra, 25 de marzo de 2019.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo verbal seguidos neste xulgado co número 475/2018, por instancia de Míguez Cutrín, S.L., representada pola procuradora Sra. Pereira Rodríguez e baixo a dirección legal do letrado Sr. Ferreiro Casal, fronte a Construcciones y Contratas Rimal, S.L., en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Que estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Pereira Rodríguez, en nome e representación de Míguez Cutrín, S.L., contra Construcciones y Contratas Rimal, S.L.; e condeno a Construcciones y Contratas Rimal, S.L. a pagar a Míguez Cutrín, S.L. a suma de 2.157,19 euros, más os xuros legais do artigo 7.2 da Lei 3/2004, desde o 14 de novembro de 2017 respecto á cantidade de 555,39 euros, e desde o 29 de novembro de 2017 respecto á cantidade de 1.601,80 euros, ata o seu completo pagamento.

As custas procesuais impóñense a Construcciones y Contratas Rimal, S.L.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes, coa advertencia de que fronte a ela non cabe interpor recurso de apelación.

E encontrándose o dito demandado, Construcciones y Contratas Rimal, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 26 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza