Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 6 de xullo de 2020 Páx. 26715

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 714/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 714/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Jiménez Montoya contra Legar Financial & Rent, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Polos motivos expostos, sinálase para a celebración dos actos de conciliación e xuízo oral no presente procedemento o día 14 de setembro de 2020, ás 12.00 horas o acto de conciliación e ás 12.05 horas o acto de xuízo oral.

Notifíquese ás partes a presente resolución e efectúese a citación de partes, testemuñas e peritos acordada en autos para a nova data e hora indicada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Legar Financial & Rent, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza