Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de xuño de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 31/78 e cinco máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión do 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo xurado provincial o día 10.6.2020, figuran os seguintes acordos:

– Monte Cornedo e Fonte Seca (expediente 31/78), pertencente aos veciños da parroquia de Vilalle, no termo municipal de Castroverde. O 8.3.2019 tivo entrada un escrito presentado polo representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Esta solicitude foi emendada o 17.9.2019 e o 28.1.2020. O 10.2.2020 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 16/19) para o monte Cornedo e Fonte Seca, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 208,37 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

– Monte de Nespereira (expediente 17/75), pertencente aos veciños da parroquia de Nespereira, no termo municipal de Portomarín. O 25.10.2018 tivo entrada un escrito presentado polo presidente da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Esta solicitude foi emendada o 19.8.2019, o 19.12.2019 e o 31.1.2020. O 13.2.2020 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 86/18) para o monte de Nespereira, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 295 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

– Monte Fenteira (expediente 117/79), pertencente aos veciños da parroquia de Brosmos, no termo municipal de Sober. O 21.9.2019 tivo entrada un escrito presentado polo representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 28.2.2020 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2019/62) para o monte Fenteira, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 82,09 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

– Monte de Roca (expediente 66/75), pertencente aos veciños da parroquia de Roca, no termo municipal de Guitiriz. O 22.1.2020 tivo entrada un escrito presentado polo presidente da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 24.2.2020 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo, conxuntamente coa avinza practicada entre esta comunidade de Roca e a de Baamonde (núm. 2020/3), nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 208 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

– Monte de Labio (expediente 44/80), pertencente aos veciños da parroquia de Labio, no termo municipal de Lugo.

O 19.8.1967 aprobouse por decreto o expediente de inicio da concentración parcelaria de San Pedro de Labio.

O 23.10.1991 adquiriron firmeza as bases definitivas da concentración e o 24.11.1995 acordouse a entrega dos títulos dos predios concentrados.

Con esta situación, parte do esbozo do expediente de clasificación do monte veciñal de Labio foi afectado pola proposta de concentración e estes terreos foron adxudicados a propietarios particulares tras a reorganización da propiedade.

O 18.3.2020 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de Labio, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 158 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

– Monte Vilarín e Cortiñas (expediente 99/79), pertencente aos veciños de Vilarín, da parroquia de Cedrón, no termo municipal de Láncara. O 8.11.2018 tivo entrada un escrito presentado polo presidente da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Esta solicitude foi emendada o 9.3.2020. O 18.3.2020 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 88/bis18) para o monte Vilarín e Cortiñas, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 23,6 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 19 de xuño de 2020

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo