Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Dombodán-Branzá II (Arzúa, A Coruña) para ser notificados por comparecencia dunha modificación do acordo de concentración que lles afecta.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Dombodán-Branzá II (Arzúa, A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución pola que se modifica o acordo de concentración da dita zona que lles afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, mediante cita previa no teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 19 de xuño de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto notificado

Zona de concentración

33195311D

Resolución

Dombodán-Branzá II (Arzúa, A Coruña)

33171984G

Resolución

Dombodán-Branzá II (Arzúa, A Coruña)

33182818M

Resolución

Dombodán-Branzá II (Arzúa, A Coruña)

09977063P

Resolución

Dombodán-Branzá II (Arzúa, A Coruña)