Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26325

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 29 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa Reencontros de lecer para persoas residentes no exterior durante o ano 2020 (código de procedemento PR926F).

BDNS (Identif.): 513197.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas emigrantes galegas que reúnan os requisitos establecidos nos números 1, 2 e 3 do artigo 2 da resolución da convocatoria.

Segundo. Obxecto

A presente resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas correspondentes ao programa «Reencontros de lecer» para o ano 2020, orientado a promover o contacto das persoas galegas residentes en países europeos coa súa terra, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia, e contribuír a mellorar a calidade de vida, saúde e benestar deste colectivo.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 29 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa Reencontros de lecer para persoas residentes no exterior durante o ano 2020 (código de procedemento PR926F).

Cuarto. Importe

As subvencións do presente programa teñen a consideración de axudas en especie e, consecuentemente, non supoñen contabilización do gasto. Os servizos que se prestan ás persoas participantes neste programa serán obxecto de licitación de acordo coa normativa de contratos do sector público.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2020

O secretario xeral da Emigración
P.S. (Decreto 76/2017, do 28 de xullo)
José Carlos García Bouzas
Subdirector xeral de Xestión
Económico-Administrativa e do Retorno