Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 30 de xuño de 2020 Páx. 25906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2020 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea G.D. II.

Visto o expediente instruído para os efectos da transmisión inter vivos da batea G.D. II e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. O 5 de marzo de 2020, Valentín Sobradelo Rodríguez solicitou autorización para transmisión da concesión administrativa e da batea G.D. II.

Segundo. O informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde de 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Por todo o anterior, resolvo:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de José Miguel Sobradelo Rodríguez (***6415**) e María Luisa Nine Vicente (***7417**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación

Tipo: batea.

Nome: G.D. II.

Situación:

Cuadrícula nº: 151.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 5.11.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: José Miguel Sobradelo Rodríguez (***6415**), María Luisa Nine Vicente (***7417**) e Valentín Sobradelo Rodríguez (***7904**).

Novos titulares: José Miguel Sobradelo Rodríguez (***6415**) e María Luisa Nine Vicente (***7417**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os titulares actuais deberán presentar no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses que comezará a contar en ambos casos desde o día seguinte ao da súa publicación, conforme os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Este prazo comezará a contar desde o 1 de xuño de 2020, data en que se continúa o cómputo dos prazos administrativos suspendidos de acordo co disposto no artigo 9 do Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

A Coruña, 8 de xuño de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións (Resolución do 6.11.2019)
María José Cancelo Baquero
Xefa de Servizo de Recursos Mariños