Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 30 de xuño de 2020 Páx. 25903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCION do 4 de xuño de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Rianxo III.

Visto o expediente instruído para os efectos da transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Rianxo III resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito de data do 17 de xaneiro de 2020, Jacinto Fungueiriño Muñiz e Rosa Suárez Otero, solicitaron autorización para transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Rianxo III.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG núm. 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde de 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Por todo o anterior, resolvo:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Rosa María Fungueiriño Suarez (***6010**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rianxo III.

Situación:

Cuadrícula nº: 180.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 20.5.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Jacinto Fungueiriño Muñiz (***7494**) e Rosa Suárez Otero (***6669**).

Nova titular: Rosa María Fungueiriño Suarez (***6010**).

A nova titular da concesión, queda nos dereitos e obrigas dos anteriores titulares.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Este prazo comezará a contar desde o 1 de xuño de 2020, data na que se continúa o cómputo dos prazos administrativos suspendidos de acordo co disposto no artigo 9 do Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

A Coruña, 4 de xuño de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
O xefe territorial da Coruña
P.D. (Resolución do 6.11.2019)
María José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños