Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 30 de xuño de 2020 Páx. 25844

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 39/2020).

ETX execución de títulos xudiciais 39/2020

Procedemento orixe: DSP despedimento/cesamentos en xeral 145/2019

Sobre despedimento

Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 39/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Negreira Rey contra a empresa Forestal do Barbanza, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditaron providencia e dilixencia de ordenación do 10 de xuño de 2020, que son do teor literal seguinte:

A providencia ditada é do teor literal seguinte:

«Providencia da maxistrada xuíza Sandra Mª Iglesias Barral

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020

Acórdase a celebración telemática da comparecencia, de acordo co artigo 229.2 e 3 da LOPX, e a preferencia ás actuacións procesuais telemáticas disposta polo artigo 19 do Real decreto lei 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte ao COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza, a Guía para a celebración de actuacións xudiciais telemáticas do CGPX e o Protocolo para a coordinación das axendas de sinalamentos xudiciais no ámbito do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ambos os dous dispoñibles na web do Consello Xeral do Poder Xudicial, sen prexuízo de que as partes e o Ministerio Fiscal, de ser o caso, poñan en coñecemento do órgano xudicial, coa maior antelación posible, se existe algún obstáculo para a celebración telemática ou razóns xustificadas para a suspensión do sinalamento.

Todo iso sen prexuízo das adaptacións que exixa a inminente Guía do TSX de Galicia para a celebración de vistas telemáticas.

A celebración telemática unicamente exixe que os intervenientes dispoñan de conexión á internet, en dispositivo fixo ou móbil, con largo de banda suficiente e micrófono e cámara activados. As instrucións concretas facilítanse ao final desta resolución.

Ambas as partes deberán indicar por escrito no prazo de tres días hábiles o enderezo de correo electrónico a que o xulgado poida remitir o enlace para a conexión á videoconferencia, así como un número de teléfono que permita resolver con axilidade as incidencias que se formulen.

O enlace de conexión remitirase en posterior resolución con anterioridade ao acto de xuízo.

Dado que a sala de vistas non ten instalado o sistema Cisco meeting, tamén o Ministerio Fiscal deberá facilitar no devandito prazo un enderezo de correo electrónico para tales efectos, sen prexuízo dos informes que considere oportunos.

Respecto da proba que se practicará na comparecencia, sen prexuízo da súa proposición e admisión no acto, para posibilitar a boa marcha do acto e evitar suspensións, sen prexuízo do previsto no artigo 88 da LRXS, é preciso que, sempre que sexa posible desde a perspectiva do dereito de defensa, no prazo de tres días hábiles, as partes e o Ministerio Fiscal, de ser o caso, faciliten unha lista por escrito das probas que propoñan.

No caso concreto de que, polo seu dereito ou estratexia de defensa, algunha das partes non desexe o traslado da lista á parte contraria, deberá advertir o órgano xudicial desta circunstancia, xa remita a lista vía Lexnet ou a través do correo electrónico do xulgado.

Ademais:

– Documental e informes periciais ou de expertos:

• Nos procesos en que sexa parte unha Administración, o expediente administrativo remitirase por Lexnet en formato PDF-A con posibilidade de lector óptico OCR, previamente indexado con hipervínculo, ou de modo telemático ao correo electrónico do xulgado.

Como complemento ao correo electrónico, no caso de expedientes administrativos contidos en soporte CD recoméndase utilizar o sistema de transferencia de arquivos pesados XUNTARQUIVOS, dispoñible a través da Intranet da Xunta de Galicia.

• Para axilizar a celebración da vista, requírense as partes distintas da Administración para que presenten a proba documental e os informes por Lexnet previamente ao acto de xuízo ou vista (artigo 82.4 da LRXS).

No caso de que algunha das partes queira achegar a documentación no acto, na medida do posible comunicarao ao órgano xudicial previamente á celebración do xuízo ou vista e remitirao por Lexnet con anterioridade, sen prexuízo do que corresponda sobre a admisión ou inadmisión.

– Medios de reprodución referidos no artigo 299.2 da LAC: as partes deberán anunciar este medio de proba no referido prazo de tres días hábiles, así como se se achegarán os medios precisos para a reprodución.

– Testifical: as partes deben achegar o número e a identidade das testemuñas cuxa declaración propoñan, co fin de ordenar o acceso e levar a cabo o control de capacidade de acordo co artigo 20 do RDL 16/2020, do 28 de abril, e co Acordo gobernativo do 20 de maio de 2020. A citación xudicial deberase solicitar na forma e cos requisitos legais.

Este medio de proba, con independencia da conexión telemática das partes, practicarase no xulgado en presenza xudicial.

– Pericial: as partes deben achegar a identidade dos peritos cuxa declaración propoñan, xunto con enderezo postal, se solicitan a citación xudicial, así como teléfono e enderezo de correo electrónico se dispoñen destes datos.

– Interrogatorio de partes: para o caso das persoas xurídico-públicas a que se refire o artigo 91.6 da LRXS e 315 da LAC, deberá achegarse lista de preguntas por escrito.

No resto de casos, esta medio de proba, con independencia da conexión telemática das partes, practicarase no xulgado en presenza xudicial.

A celebración do xuízo ou vista levarase a cabo con respecto ao principio de publicidade, comunicando ás partes ao inicio da conexión a presenza ou non de público ou medios de comunicación na sala.

O uso dos medios tecnolóxicos levarase a cabo con pleno respecto á normativa orgánica de protección de datos. Os datos persoais obtidos non poderán ser usados, cedidos nin comunicados con fins contrarios ás leis.

Estas son as indicacións xenéricas para incorporarse desde o exterior dos xulgados a unha vídeochamada organizada e convocada polos xulgados en Galicia a través da plataforma de videoconferencia:

– Recibirá unha mensaxe desde o xulgado correspondente cun enlace que comezará por https://join.videoconferencia.xunta.gal/. Exemplo: https://join.videoconferencia.xunta.gal/invited.sf?secret=m3QcsjXvoU6DTikaDAH5f3Q&id=200210

– O dispositivo que vaia utilizar debe cumprir coas seguintes características mínimas recomendadas:

a) Estar conectado á internet e dispoñer preferiblemente dunha liña de datos coa capacidade e estabilidade suficiente para soportar a transmisión de tráfico de vídeo e audio sen cortes. Se está conectado mediante unha rede wifi, lembre que tamén pode influír a cobertura que teña respecto do router que lle proporciona o sinal, así que asegúrese de que ten a máxima cobertura.

b) Dispoñer preferiblemente de Microsoft Windows 7 ou 10 e dunha cámara web xunto cun micrófono (pode estar integrado na cámara web) para poder enviar sinal de vídeo e audio. No caso dos dispositivos informáticos móbiles xa vén incorporado este equipamento.

c) Dispoñer de Google Chrome (navegador recomendado). E para mellorar o rendemento coas vídeo chamadas, asegúrese de que ten desactivada a opción de “Utilizar aceleración por hardware cando estea dispoñible”. Pode comprobalo indo á epígrafe de Configuración→Sistema, que encontrará facendo clic nos “tres puntos” que aparecen no canto superior dereito do Google Chrome.

– Abrir con Google Chrome o enlace e, (A) poña o seu nome na pantalla de benvida para despois facer clic en “Conectarse á reunión”. (B) Se accede por primeira vez ao sistema, é posible que o navegador solicite permisos para poder acceder ao seu micro e cámara web. Acepte a solicitude e faga a proba que lle ofrece para verificar o seu vídeo e audio. (C) Se o funcionamento é correcto faga clic en “Comezar a reunión”. No caso de uso de dispositivos Apple, debe descargar previamente na App Store a aplicación propia “Cisco meeting”.

Notifíquese ás partes e a Forestal do Barbanza, S.L. por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta en Banco Santander, conta nº ES5500493569920005001274, concepto: 5076000030003920.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “30 Social- Reposición”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

Igualmente, ditouse dilixencia de ordenación, sinalando comparecencia, co fin de oír as partes, que é do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza María Iria Román Vidarte

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020

Presentado o anterior escrito pola letrada Verónica Veiga Fernández, en nome e representación de Juan Negreira Rey, únese á execución correspondente.

Visto o contido do escrito presentado, fáiselle saber á letrada presentante que a solicitude de inscrición de apoderamento apud acta que achega non consta validada na aplicación de “apodera”, polo que deberá achegar o certificado de inscrición do dito apoderamento para que o mencionado poder sexa válido.

Visto o estado das presentes actuacións, procédese ao sinalamento para o próximo día 21 de xullo de 2020, ás 13.30 horas. A notificación da presente resolución serve de citación en legal forma ás partes, cos apercibimentos e requirimentos contidos na citación inicial.

Sen prexuízo das disposicións específicas que se adopten para unha eventual celebración telemática dos xuízos, vistas e conciliacións, comunícase ás partes que, dada a capacidade das salas de vistas e a necesidade de que cada órgano xudicial ordene o acceso ao público de conformidade co disposto no artigo 20 do RDL 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte ao COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza, e no Acordo gobernativo do 20 de maio de 2020, co fin de favorecer e facilitar o cumprimento desta medida de prevención e seguridade, recoméndaselles aos profesionais que comuniquen ao xulgado con antelación razoable o número de testemuñas ou peritos de que intenten valerse, en caso de que sexa a súa intención propoñelos no acto de xuízo, con indicación dos seus datos de identidade, para favorecer o control de acceso e saída por parte do servizo de vixilancia.

Co fin de garantir a axilidade das vistas, tanto telemáticas coma presenciais, requírense as partes para que presenten a proba documental e pericial por Lexnet previamente ao acto do xuízo, conforme o artigo 82.4 da LXS.

No caso concreto de que, polo seu dereito ou estratexia de defensa, algunha das partes non desexe o traslado da lista á parte contraria, deberá advertir o órgano xudicial desta circunstancia, xa remita a lista vía Lexnet ou a través do correo electrónico do xulgado.

No caso de que algunha das partes queira achegar documentos no acto de xuízo, na medida do posible, comunicarao ao órgano xudicial previamente á celebración do xuízo, e remitirao por Lexnet con anterioridade, sen prexuízo do que corresponda sobre a admisión ou inadmisión da dita proba.

En todo caso, a documentación debe estar debidamente numerada e relacionada.

Nos procesos en que sexa parte unha Administración, o expediente administrativo remitirase por Lexnet en formato PFD-A con posibilidade de lector óptico OCR, previamente indexado con hipervínculo, ou de modo telemático ao correo electrónico do xulgado
(social3.santiago@xustiza.gal).

En canto ao traslado dos expedientes administrativos ás partes nos procedementos, procurarase remitilos vía Lexnet, previamente escaneados, salvo que polo seu volume non sexa posible. No caso dos expedientes administrativos contidos en soporte CD, recoméndase utilizar o sistema de transferencia de arquivos pesados XUNTARQUIVOS, dispoñible a través da Intranet da Xunta de Galicia (https://intranet.xunta.gal).

As testemuñas e os peritos deberán mostrar a citación e identificarse ante o servizo de seguridade do xulgado á hora sinalada para o acceso ao edificio xudicial.

O acceso dos profesionais ao edificio xudicial será con antelación razoable aos actos procesuais para os cales fosen citados.

A atención tanto a cidadáns como a profesionais será preferentemente por vía telefónica ou por correo electrónico (social3.santiago@xustiza.gal). Noutro caso, débese solicitar cita previa.

Déase conta a SSª do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes e a Forestal do Barbanza, S.L. por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación e citación a Forestal do Barbanza, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza