Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25553

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 19 de xuño de 2020 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2020 nas bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, préstamos IFI Innova.

BDNS (Identif.): 366962.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS)
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o crédito establecido na partida 09.A1-741A-8310, liña de préstamos IFI Innova, en 1.200.000 € para o exercicio 2020 nas bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, publicadas mediante Resolución do 16 de outubro de 2016 (DOG nº 206, do 30 de outubro de 2017), e modificadas polas resolucións do 27 de decembro de 2018 (DOG nº 247, do 28 de decembro) e 7 de outubro de 2019 (DOG nº 197, do 16 de outubro), co que queda establecida a distribución por anualidades como segue: 2.000.000 de € para o exercicio 2018, 500.000 € para o exercicio 2019 e 1.700.000 € para o exercicio 2020.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2020

Zeltia Lado Lago
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica