Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25551

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2020 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2020 nas bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, préstamos IFI Innova.

Mediante Resolución do 16 de outubro de 2017 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG núm. 206, do 30 de outubro de 2017).

Na dita resolución, no seu punto terceiro, establécense os créditos dispoñibles, que para a liña de préstamos IFI Innova eran inicialmente de 1.000.000 de euros para cada un dos anos 2017, 2018 e 2019 na partida orzamentaria 09.A1-741A-8310.

Mediante Resolución do 27 de decembro de 2018 (DOG núm. 247, do 28 de decembro), publicouse unha modificación das bases reguladoras, nas cales, entre outros aspectos, se estendeu o prazo de presentación de solicitudes e se redistribuíron as anualidades dos créditos orzamentarios, que en particular para os préstamos IFI Innova quedaron establecidos en 2.000.000 de euros para o ano 2018, 500.000 € para o 2019 e 500.000 € para o ano 2020.

Posteriormente, por Resolución do 7 de outubro de 2019 (DOG núm. 197, do 16 de outubro), foi introducida unha modalidade de préstamos IFI TUR, cuxo orzamento se estableceu conxuntamente coas liñas de préstamos IFI Industria 4.0 e IFI Relanzamento. A liña de préstamos IFI Innova non foi modificada.

Conforme o establecido na Resolución do 16 de outubro de 2017, o director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Tendo en conta o volume de solicitudes recibidas pendentes de resolver e tratando de dar resposta á ampla demanda de axuda, logo de achega orzamentaria procedente da Axencia Galega de Innovación (Gain), semella oportuno incrementar o importe aprobado para as axudas establecidas nestas bases na partida orzamentaria 09.A1-741A-8310, liña de préstamo IFI Innova para o exercicio 2020 nun importe de 1.200.000 €.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Amplíase o crédito establecido na partida 09.A1-741A-8310, liña de préstamos IFI Innova en 1.200.000 € para o exercicio 2020 nas bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, publicadas mediante Resolución do 16 de outubro de 2016 (DOG núm. 206, do 30 de outubro de 2017), e modificadas polas resolucións do 27 de decembro de 2018 (DOG núm. 247, do 28 de decembro) e 7 de outubro de 2019 (DOG núm. 197, do 16 de outubro), co que queda establecida a distribución por anualidades como segue:

Partida orzamentaria

Liña préstamo

Ano 2018

Ano 2019

Ano 2020

09.A1-741A-8310

IFI Innova

2.000.000 €

500.000 €

1.700.000 €

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2020

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica