Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25633

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (DCT 1252/2019).

DCT divorcio contencioso 1252/2019

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Melani Gisbeily Salas Machado

Procuradora: María José Barreira Fernández

Demandado: Anthony Said Tejeras Pacheco

Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente edicto,

Anuncio:

Sentenza número 125/2020

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2020

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo de divorcio número 1252/2019, promovido pola procuradora Sra. Barreira Fernández, en nome e representación de Melani Gisbeily Salas Machado, maior de idade, con DNI 49207707N, asistida do letrado Sr. González Otero fronte a Anthony Said Tejeras Pacheco, con cédula de identidade de Venezuela V20.701.004, declarado en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal ao concorrer unha filla menor de idade.

Decido que estimando parcialmente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Barreira Fernández, en nome e representación de Melani Gisbeily Salas Machado, maior de idade, con DNI 49207707N, asistida do letrado Sr. González Otero, fronte a Anthony Said Tejeras Pacheco, con cédula de identidade de Venezuela V20.701.004, declarado en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal ao concorrer unha filla menor de idade, debo decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído en data 21.2.2014 en Caracas, Venezuela, inscrito no Rexistro do Consulado Xeral de España en Caracas en data 11.1.2016, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio, e acordar as seguintes medidas definitivas:

1º. A patria potestade será compartida na súa titularidade por ambos os dous proxenitores, ben que se atribúe o seu exercicio en exclusiva á demandante nos ámbitos educativos, médicos, de empadroamento e xestións administrativas complementarias, incluída renovación de DNI e de pasaporte, traslados ao estranxeiro e determinación do domicilio da menor.

2º. Atribución en exclusiva da garda e custodia sobre a menor á súa nai.

3º. Suspensión de todo réxime de estadías e comunicación da menor co seu pai sen prexuízo do cal nun futuro o mesmo inste a tal respecto unha modificación de medidas definitivas en interese da menor acreditando unha variación sobrevida substancial das circunstancias agora ponderadas.

4º. Fixación dunha pensión de alimentos de 150€/mes que aboará o demandado nos 5 primeiros días de cada mes na conta bancaria que designe a demandante de xeito anticipado con actualización anual na data do 1 de xaneiro de cada ano conforme a variación anual precedente do IPC.

A pensión de alimentos aboarase con efecto retroactivo á data de presentación da demanda ex artigo 148 do Código civil, podendo instar o demandado, se é o caso, en sede de execución de título xudicial, a compensación das cantidades acreditadas documentalmente que tivese entregado á demandante, para cubrir necesidades e gastos ordinarios do menor subsumibles no concepto de pensión de alimentos, excluídos regalos e meras liberalidades. Así a STS do 4 de abril de 2018, SP/SENT/947370 ou a STS Sala Primeira, do Civil, 59/2018, do 2 de febreiro (SP/SENT/936388).

5º. Aboamento por metade dos gastos extraordinarios da menor.

Merecerán a consideración de gastos extraordinarios, entre outros, os derivados da atención da dita menor de idade en sanidade privada por enfermidades, o custo pola adquisición ou uso de prótese, o custo doutras actividades médicas ou cirúrxicas non cubertas pola Seguridade Social e os gastos farmacéuticos inherentes a estas ou calquera outro similar, incluída a matrícula, se é o caso e nun futuro, en universidades privadas, etc. e, por fin, calquera de análoga natureza aos antes descritos sempre que sexan diferentes dos expresamente previstos antes ao fixar de xeito previo a contía da pensión de alimentos.

Calquera incidente en sede de gastos extraordinarios se dilucidará nos termos do artigo 776.4 da Lei de axuizamento civil, máis os gastos antes enunciados e os de análoga natureza serán susceptibles de execución de título xudicial de xeito inmediato.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os preceptivos oficios e exhortos para realizar as obrigadas anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a esta cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 ss e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito de 50 € previsto na disposición adicional 15ª da Lei orgánica do poder xudicial.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Anthony Said Tejera Pacheco, esténdese a presente para que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza