Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CÉDULA do 17 de xuño de 2020 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 45/2020 do expediente de reposición da legalidade COR/158/2018.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña, en relación co procedemento ordinario núm. 45/2020, interposto por Ricardo Fernando Romay Pose, contra a desestimación da denuncia formulada pola execución de obras na parcela 1735 do polígono 501 do concello de Malpica de Bergantiños, expediente COR/158/2018, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas-LPACAP, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Jesús Rojo Cotelo para que poida presentarse como interesado nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística