Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 1 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización ambiental integrada para a explotación avícola de produción de ovos campeiros en Monte Estraviz de Finca Bosqueval, S.L., no concello de Curtis, provincia da Coruña (expediente 2020-IPPC-I-5).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Proxecto básico de solicitude de autorización ambiental integrada e estudo de impacto ambiental. Finca Bosqueval, S.L. Maio de 2020.

Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático–Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-I-5.

Peticionaria: Finca Bosqueval, S.L.

CIF: B27343896.

Domicilio social: Ximonde, estr. nacional 547, km 27, 27217 Palas de Rei, Lugo.

Localización da instalación: Monte Estraviz, 15310 Curtis, A Coruña.

Actividade: explotación avícola de produción de ovos campeiros.

Descrición: a explotación avícola para a produción de ovos campeiros contará con nove naves que se construirán en catro fases distintas. O número de prazas de galiñas por nave será de vinte e catro mil, o total de prazas na explotación será de duascentas dezaseis mil. Cada nave terá libre circulación de galiñas no interior e unha parcela anexa onde as galiñas poden estar ao aire libre. Na primeira fase construiranse tres naves e as instalacións auxiliares comúns ás catro fases. Na segunda, terceira e cuarta fase construiranse dúas naves por fase. A instalación contará cunha esterqueira cuberta e con solo impermeable.

As augas fecais, as augas residuais dos vestiarios e as augas residuais da limpeza das naves ao final de cada ciclo condúcense a depósitos estancos enterrados, dous por cada nave, de onde serán recollidas por un xestor autorizado. As augas pluviais verten, sen tratamento previo, ao terreo.

Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución (UE) 2017/302, da Comisión, do 15 de febreiro, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no marco da Directiva 2010/75/UE, do Parlamento Europeo e do Consello, respecto á cría intensiva de aves de curral ou de porcos.