Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2020/084-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204.

Denominación: LMTS, CTC Peroleira II.

Situación: Gondomar.

Descricións técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 287 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo no apoio de formigón HV-630/15 e final na cela de liña do CT proxectado Peroleira II. Centro de transformación, con relación 15000/400 V a 160 kVA. As instalacións están situadas no lugar da Peroleira, na parroquia de Peiteiros, no concello de Gondomar (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións ante esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 4 de xuño de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2020/084-4.

Térmo municipal: Gondomar (Pontevedra).

Denominación: LMTS, CTC Peroleira II.

Parcela 1:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 2213208NG2621S0000WJ.

Lugar: Peroleira.

Cultivo: matogueira.

Afección: 12,96 m² para centro transformación e 37,40 m2 para servidume de paso.