Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 25 de xuño de 2020 Páx. 25372

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilarmaior

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial da bandeira do Concello.

O Pleno do Concello de Vilarmaior, en sesión extraordinaria do día 28 de maio de 2020, acordou a aprobación inicial da bandeira do Concello de Vilarmaior.

En cumprimento do disposto no Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, aprobado polo Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, nos artigos 258 a 262 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e nos artigos 22.2.b) e 47.2.e) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes mediante este anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as alegacións que consideren oportunas.

Se, transcorrido dito prazo, non se presentan alegacións, considerarase aprobado definitivamente o acordo.

Vilarmaior, 1 de xuño de 2020

Carlos Vázquez Quintián
Alcalde