Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 25 de xuño de 2020 Páx. 25371

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento de Cambre referente á localización de diversas edificacións e actividades.

O Pleno Municipal de Cambre, na súa sesión ordinaria do 30 de xaneiro de 2020, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento de Cambre referente á localización de diversas edificacións e actividades, redactada polo arquitecto Alfonso Díaz Revilla da Oficina de Planeamiento, S.A., o que se fai público para xeral coñecemento.

Tanto este instrumento de planeamento como o seu expediente sométense á información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo, contado a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Cambre, 9 de marzo de 2020

O alcalde
P.D. (R.A. núm. 1323/2019, do 1 de xullo)
Juan González Leirós
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Obras