Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 25 de xuño de 2020 Páx. 25373

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do extracto da convocatoria e das bases xerais e específicas para prover as prazas de persoal funcionario, por promoción interna, correspondentes ás ofertas de emprego 2017, 2018 e 2019.

Nos boletíns oficiais da provincia de Lugo (BOP) números 089 e 112, de 20 de abril e 18 de maio de 2020, publícanse as convocatorias, bases xerais e específicas para a provisión das prazas de persoal funcionario, promoción interna, correspondentes ás ofertas de emprego para os anos 2017, 2018 e 2019 que a continuación se relacionan:

Número de vacantes: unha. Denominación: auxiliar técnico/a informático/a, escala administración especial, subescala servizos especiais, clase cometidos especiais. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna. Grupo C, subgrupo C1.

Número de vacantes: unha. Denominación: deseñador/a infografista, escala administración especial, subescala servizos especiais, clase cometidos especiais. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna. Grupo C, subgrupo C1.

Número de vacantes: unha. Denominación: restaurador/a conservador/a arquivo, escala administración especial, subescala servizos especiais, clase cometidos especiais. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna. Grupo C, subgrupo C1.

Solicitudes: estará a disposición das persoas que queiran participar no procedemento selectivo, na web corporativa da Deputación Provincial de Lugo, sede electrónica-catálogo de servizos-recursos humanos.

Lugar e forma de presentación: as persoas aspirantes deberán presentar a solicitude de participación no rexistro electrónico da deputación, entrando na web corporativa da Deputación Provincial de Lugo, sede electrónica-recursos humanos-solicitude promoción interna, alta de solicitude.

Prazo de presentación: vinte días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que se deriven da convocatoria publicaranse no BOP de Lugo e na páxina web desta corporación.

Lugo, 3 de xuño de 2020

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto 26.07.2019)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado da Área de Promoción Económica e Social