Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 23 de xuño de 2020 Páx. 25115

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 177/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 177/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Tejo Nieto contra a empresa Elecnor, S.A., Malga, S.L., Pedro Moreno Vázquez, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo contido se xunta:

Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2020.

Por medio de escrito da parte Elecnor, S.A. anunciouse recurso de suplicación en tempo e forma contra a Sentenza do 15.4.2020, ditada nas presentes actuacións, e ao terse constatado que a pretensión da parte é conforme cos requisitos e circunstancias contidos nos artigos 194 e 229 e seguintes da LJS, acordo por medio deste edicto:

– Ter por anunciado o recurso de suplicación.

– Poñer os autos á disposición de Eva Muñoz Climent, designada por Elecnor, S.A. para que se faga cargo deles e interpoña o recurso nos dez días seguintes ao da notificación da presente resolución. Este prazo correrá, calquera que sexa o momento en que recolla ou examine os autos postos á súa disposición. De non o efectuar así, declararase que a parte recorrente desiste do recurso (artigo 195.1 da LXS).

– Requirir o devandito avogado/graduado social colexiado para que no seu escrito de formalización sinale un domicilio na localidade en que radica a sede do TSX (artigo 198 da LXS) e presente do devandito escrito tantas copias como partes.

– Unir aos autos o xustificante de ingreso.

– De acordo co establecido na Orde 394/2020, do 8 de maio, do Ministerio de Xustiza, pola que se aproba o esquema de seguridade laboral e o Plan de desescalada para a Administración de xustiza ante o COVID-19, e co fin de xestionar axeitadamente o fluxo de persoas aos edificios xudiciais, a atención ao público realizarase por vía telefónica ou a través do correo electrónico habilitado para o efecto.

Para aqueles casos en que resulte imprescindible acudir á sede xudicial, será necesario obter previamente a correspondente cita a través dos medios antes indicados.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Malga, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza