Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 23 de xuño de 2020 Páx. 25117

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 137/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 137/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel López contra Perfume VIP, S.L., Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020.

Álzase a suspensión do presente procedemento e consultada para ese efecto pola letrada da Administración de xustiza a axenda de sinalizacións deste órgano xudicial, sinálase para a celebración da comparecencia o próximo día 10.7.2020, ás 9.30 horas, debendo comparecer as partes na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado sito na rúa Berlín s/n, CP 15707, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, con todos os medios de proba dos que tenten valerse.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Perfume VIP, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza