Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24887

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 50/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 50/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis López Martínez contra Agro Vivo, S.L., se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020.

Parte dispositiva:

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza nº 10/2020, do 20 de xaneiro de 2020, ditada no procedemento ordinario 343/2017 a favor da parte executante, José Luis López Martínez, fronte a Agro Vivo, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 3.047,54 euros en concepto de principal (2.288 euros en concepto de salarios, 759,54 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 304,75 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020.

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Agro Vivo, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, aboe a cantidade de 3.047,54 euros en concepto de principal (2.288 euros en concepto de salarios, 759,54 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 304,75 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0050 20), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Agro Vivo, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, manifeste unha relación de bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpoñer ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Agro Vivo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza