Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24884

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 53/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 53/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diana Riveiro García contra Polbeiria Alfonsín, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2020.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza número 542/2019 con data do 26.11.2019 ditada no procedemento ordinario 741/2018 a favor da parte executante, Diana Riveiro García, fronte a Polbeiria Alfonsín, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 608,22 euros en concepto de principal (532,50 euros en concepto de salarios e vacacións devindicadas e non gozadas, 75,72 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da cantidade anterior), máis outros 60,82 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultáneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da Lei reguladora da xurisdición social.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2020.

Parte dispositiva.

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Polbeiria Alfonsín, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 608,22 euros en concepto de principal (532,50 euros en concepto de salarios e vacacións devindicadas e non gozadas, 75,72 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da cantidade anterior), máis outros 60,82 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número expediente xudicial 1589 0000 64 0053 20), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Polbeiria Alfonsín, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Polbeiria Alfonsín S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza