Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2019/227-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204.

Denominación: LMTS SDM711, CT e RBT Sello.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor tipo LA-30, con orixe no apoio de celosía proxectado (C-1000-14) e final no apoio de celosía proxectado (C-1000-14). Retensado de van. LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 1.124 metros de lonxitude, con orixe no PAR nº 2 sobre canalización existente e final no CT proxectado Sello. Centro de transformación, con relación 15.000/400 V a 400 kVA. As instalacións están situadas no lugar do Sello, na parroquia de Cabral, no concello de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións ante esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de xuño de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº expediente. IN407A 2019/227-4. Termo municipal: Vigo (Pontevedra).

Denominación: LMTS SDM711, CT e RBT Sello.

Parcela 1:

Titular: Pilar Álvarez Vilaboa.

Referencia catastral: 6646616NG2764N0001BD.

Lugar: O Sello, 4.

Cultivo: agrario.

Afección: 16,81 m2 de superficie de ocupación e 6,83 m2 para servidume de paso.