Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Meis (expediente IN407A 2019/090-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública, a petición de declaración de utilidade pública e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204.

Denominación: LMTS, CT Caticovas.

Situación: Meis.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-110 de 62 metros de cable (cable que se substituirá no van existente do tramo CBD8076338), con orixe no apoio existente HV-630/14 do tramo CBD8076338 e final no apoio proxectado C-2000/14 que se intercalará no trazado da LMTA existente do tramo CBD8076338. LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 635 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 que se intercalará no trazado da LMTA existente do tramo CBD8076338 e final no CT proxectado. CT con relación 20.000/400 V a 160 kVA. As instalacións están situadas na parroquia de Nogueira, no concello de Meis (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións ante esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase ao dispor do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de xuño de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº expediente: IN407A 2019/090-4. Termo municipal: Meis (Pontevedra).

Denominación: LMTS, CT Caticovas.

Parcela 1:

Titular: Enrique Sabarís Rodiño.

Referencia catastral: 36028A328000430000IA.

Polígono: 328.

Parcela: 43.

Lugar: Tallón.

Cultivo: agrario.

Afección: 1,44 m2 para apoio e 18,32 m2 para servidume de paso.