Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2019/089-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204.

Denominación: LMT, CTC Montalbo II.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ1 de 27 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente CH-630/11 e final no CT proxectado. CT con relación 20.000/400 V a 160 kVA. As instalacións están situadas no lugar de Montalbo, parroquia de Arra, no concello de Sanxenxo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións a esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase ao dispor do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de xuño de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº expediente: IN407A 2019/089-4. Termo municipal: Sanxenxo (Pontevedra).

Denominación: LMT, CTC Montalbo II.

Parcela 1:

Titular: CMVMC Montalbo-Arra.

Referencia catastral: 36051A009004550000FT.

Polígono: 9.

Parcela: 455.

Lugar: Os Erros.

Cultivo: agrario (matogueira).

Afección: 16,79 m2 para apoio.

Parcela 2:

Titular: CMVMC Montalbo-Arra.

Referencia catastral: 36051A009005670000FZ.

Polígono: 9.

Parcela: 567.

Lugar: Cudican.

Cultivo: agrario (pastos).

Afección: 12,96 m2 para CT e 7,4 m2 para canalización.