Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorga autorización administrativa de construcción e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico experimental NED 1ª fase (200 kW) e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV), sito no concello da Pastoriza (Lugo) e promovido por Norvento Tecnología, S.L.

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Norvento Tecnología, S.L. (anteriormente, Norvento Energía Distribuida, S.L.), en relación coa autorización de construción, así como coa declaración de utilidade pública do parque eólico experimental NED 1ª fase (200 kW) e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV), constan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro. O 23.12.2016, Norvento Energía Distribuida, S.L. (en diante, a promotora) presentou ante esta dirección xeral a solicitude de autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico experimental NED 1ª fase (200 kW) e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV).

Segundo. O 24.1.2017, a promotora presentou a relación de bens e dereitos afectados incluída no documento Declaración de utilidade pública. Proxecto de execución do parque eólico experimental NED (1ª fase) e liña de evacuación. Xaneiro 2017.

Terceiro. O 24.1.2017, a promotora solicitou ante esta dirección xeral o recoñecemento de parque eólico experimental con alto compoñente en I+D+i para o parque eólico experimental NED (2 MW).

Cuarto. O 22.2.2017, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas emitiu resolución pola que se recoñece a condición de parque eólico experimental con alto compoñente en I+D+i ao parque eólico experimental NED (2 MW).

Quinto. Pola Resolución do 10 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, someteuse a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico experimental NED 1ª fase (200 kW) e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV), sito no concello da Pastoriza (Lugo).

A citada resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 1.6.2017, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 9.5.2017 e no xornal El Progreso do 11.5.2017. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios do concello afectado, da xefatura territorial e desta dirección xeral.

A continuación resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública por José Mel Redondo, o 22.5.2017 e o 24.5.2017; María Beatriz Ovalle Neira, o 24.5.2017; Valentín Rivas García, o 26.5.2017; Manuel Nieto López, o 1.6.2017:

– Solicitudes de desprazamento dos apoios 14, 16 e 17 da liña eléctrica de evacuación. O 8.6.2017 e o 22.6.2017, a promotora indicou que atenderá ao desprazamento dos apoios núm. 16 e núm. 17.

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación coa titularidade dos predios afectados e coas superficies afectadas.

Sexto. O 17.4.2017, a dirección xeral remitiulles, co fin de obter os correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución aos seguintes organismos: Concello da Pastoriza, Retegal, S.A., Deputación Provincial de Lugo, Cellnex Telecom, S.A. e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Sétimo. O 18.5.2017, o Concello da Pastoriza informou que non vai establecer ningún condicionado técnico. O 8.6.2017, a promotora manifestou a súa conformidade.

Oitavo. O 23.5.2017, Retegal, S.A. emitiu o correspondente condicionado técnico. A promotora achegou a súa resposta o 8.6.2017.

Noveno. O 18.9.2017, reiterouse a solicitude da emisión do correspondente condicionado técnico á Deputación Provincial de Lugo.

Décimo. O 28.9.2017, Cellnex Telecom, S.A. emitiu o correspondente condicionado técnico. A promotora achegou a súa resposta o 16.2.2018.

Décimo primeiro. O 9.11.2017, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil emitiu o correspondente condicionado técnico. O 16.2.2018, a promotora manifestou a súa conformidade.

Décimo segundo. O 24.11.2017, de acordo co establecido na disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, a promotora solicitou a tramitación do expediente de acordo co procedemento establecido pola dita lei.

Décimo terceiro. O 28.12.2017, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico e á súa liña eléctrica de evacuación, que se fixo pública mediante o Anuncio do 29 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (DOG núm. 33, do 15 de febreiro de 2018).

Décimo cuarto. O 26.3.2018, a xefatura territorial emitiu o informe do cumprimento das limitacións á constitución de servidume de paso, de acordo co exixido no artigo 58 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Décimo quinto. O 12.6.2018, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal achegou a esta dirección xeral o informe de aproveitamentos de masas forestais, no marco do establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, en que se indica que as instalacións previstas non afectan montes veciñais en man común, nin consorcios ou convenios asinados coa administración forestal.

Décimo sexto. O 1.3.2019, a promotora comunicou o cambio de denominación social de Norvento Energía Distribuida, S.L., co NIF B27389667, a favor de Norvento Tecnología, S.L., co NIF B27389667, achegando entre outra documentación, a escritura de elevación a público de acordos sociais da entidade Norvento Tecnología, S.L., escritura núm. 2538 do 27.12.2018.

Décimo sétimo. O 7.3.2019, esta dirección xeral tomou razón da subrogación de dereitos e obrigas a favor de Norvento Tecnología, S.L., con respecto ás instalacións do parque eólico experimental NED (2 MW) e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV).

Décimo oitavo. O 8.3.2019, o Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética emitiu informe en relación co proxecto de execución do parque eólico experimental NED (1ª fase) e liña de evacuación (Decembro 2016), asinado polo enxeñeiro industrial Pablo Fernández Castro e visado polo ICAI o 27.02.2019 (Vis. 0118/19).

Décimo noveno. O 9.4.2019, a xefatura territorial informou que non existen dereitos mineiros afectados polas instalacións do parque eólico experimental NED 1ª fase (200 kW) e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV).

Vixésimo. O 31.5.2019, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informou que o proxecto do parque eólico cumpre os requisitos de distancias ás delimitacións do solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable delimitado, establecidos no Plan sectorial eólico de Galicia.

Vixésimo primeiro. Pola Resolución do 10 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outorgouse autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico experimental NED (2 MW) e da súa liña eléctrica de evacuación, no concello da Pastoriza (Lugo) e promovido por Norvento Tecnología, S.L. (DOG núm. 206, do 29 de outubro).

Vixésimo segundo. O 12.12.2019, a promotora achegou a relación de bens e dereitos afectados actualizada do parque eólico experimental NED 1ª fase (200 kW) e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV), na cal non se inclúe o desprazamento dos apoios núm. 16 e núm. 17 da liña de evacuación do parque eólico experimental.

Vixésimo terceiro. O 6.2.2020, esta dirección xeral requiriulle aa promotora a documentación actualizada en que se incluíse o citado desprazamento dos apoios núm. 16 e núm. 17 da liña de evacuación.

Vixésimo cuarto. O 13.2.2020, a promotora presentou a Addenda ao proxecto de execución do parque eólico experimental NED (1ª fase) e liña de evacuación (Febreiro 2020), cunha declaración responsable na que a promotora declara que non se producen novas afeccións ás xa incluídas nas separatas remitidas aos organismos afectados, unha relación de bens e dereitos afectados actualizada, así como unha declaración responsable en que a promotora inclúe as parcelas respecto das cales foi posible acadar acordos cos seus propietarios.

Vixésimo quinto. O 24.2.2020, a promotora achegou a relación de bens e dereitos afectados actualizada do parque eólico experimental NED 1ª fase (200 kW) e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV), que se inclúe no anexo desta resolución, tras detectar erros na relación de bens e dereitos afectados a que se fai referencia no antecedente de feito anterior.

Vixésimo sexto. O 2.3.2020, esta dirección xeral notificou ás persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados a que se fai referencia no antecedente de feito anterior.

Vixésimo sétimo. O 27.3.2020, a promotora presentou unha corrección de erros da Addenda, relativa á lonxitude de 3.085 m do tramo aéreo de simple circuíto desde o apoio 1 P.A.S. ao apoio 17 P.A.S., que debería dicir de lonxitude 3.083 m.

Vixésimo oitavo. O 31.3.2020, a xefatura territorial achegou o informe de non afeccións a dereitos mineiros vixentes, o informe do cumprimento das limitacións á constitución de servidume de paso, de acordo co exixido no artigo 58 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, así como o informe sobre a Addenda á que se fai referencia no antecedente de feito vixésimo cuarto desta resolución.

Vixésimo noveno. O 23.4.2020, o órgano ambiental considerou que non existen obxeccións ao desprazamento do apoio núm. 16, en 10 metros en dirección leste, e do apoio núm. 17 coa súa arqueta, en 15 metros en dirección sur, sempre que se cumpra o recollido na addenda a que se fai referencia no antecedente de feito vixésimo cuarto desta resolución, e se teñan en conta as condicións que figuran na declaración de impacto ambiental e no seu informe.

Trixésimo. O 8.5.2020, a promotora presentou unha declaración de conformidade de José Mel Redondo, como titular das parcelas 35, 36 e 37 da relación de bens e dereitos afectados que se inclúe no anexo desta resolución, ao desprazamento dos apoios núm. 16 e núm. 17 que afectan as citadas parcelas.

Trixésimo primeiro. O 19.5.2020, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informou que a addenda a que se fai referencia no antecedente de feito vixésimo cuarto desta resolución non se trata dun proxecto sectorial nin de ningún outro instrumento de ordenación do territorio sobre o cal teña atribuídas competencias, senón dun proxecto construtivo sobre o cal o organismo indicado para a súa valoración urbanística é o concello afectado, neste caso o da Pastoriza, como competente para o outorgamento do preceptivo título habilitante municipal.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no artigo 13 do Decreto 30/2011, do 17 de febreiro, polo que se establece o procedemento para a autorización de parques eólicos experimentais con alto compoñente de I+D+i na Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 34.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos no Decreto 30/2011, do 17 de febreiro, polo que se establece o procedemento para a autorización de parques eólicos experimentais con alto compoñente de I+D+i na Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, resumidas no antecedente de feito quinto, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. No que respecta ás solicitudes de desprazamento dos apoios 14, 16 e 17 da liña eléctrica de evacuación, a promotora atenderá ao desprazamento dos apoios 16 e 17; porén, a promotora alega que non se poderá desprazar o apoio 14 por razóns técnicas.

2. En relación coa titularidade e coas características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas e corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento,...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

De acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución Proxecto de execución do parque eólico experimental NED (1ª fase) e liña de evacuación (Decembro 2016), visado polo ICAI o 27.2.2019 (Vis. 0118/19), coa súa Addenda proxecto de execución do parque eólico experimental NED (1ª fase) e liña de evacuación (Febreiro 2020), visado polo ICAI o 12.2.2020 (Vis. 0118/19), e asinados polo enxeñeiro industrial Pablo Fernández Castro, colexiado núm. 985/201.

As características principais das instalacións recollidas no proxecto son as seguintes:

Peticionaria: Norvento Tecnología, S.L.

Enderezo social: rúa Aller Ulloa, nº 23, 27003 Lugo.

Situación: concello da Pastoriza (Lugo).

Área de desenvolvemento eólico (ADE): I-2-6 (A Pastoriza).

Poligonal de delimitación do parque (Datum ETRS89, fuso 29):

Vértice

UTM-X

UTM-Y

1

628.250

4.798.500

2

629.090

4.798.500

3

629.090

4.798.970

4

629.680

4.798.970

5

629.680

4.799.900

6

628.250

4.799.900

Posicións dos aeroxeradores (Datum ETRS89, fuso 29):

Nº aeroxerador

UTM-X

UTM-Y

NED01

628.703

4.799.332

NED02

628.833

4.799.255

Posición da torre meteorolóxica (Datum ETRS89, fuso 29):

Nº Torre

UTM-X

UTM-Y

TM_01

628.765

4.799.301

Número de aeroxeradores: 2.

Potencia nominal máxima que se instalará: 200 kW.

Produción: 490 MWh/ano.

Horas equivalentes: 2.450 heq.

Orzamento de execución material: 797.763,17 €.

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico experimental NED 1ª fase e da súa liña eléctrica de evacuación son as seguintes:

Parque eólico experimental NED 1ª fase (200 kW):

• 2 aeroxeradores cunha potencia unitaria de 100 kW, denominados prototipo 100KW e preserie 100KW, cunha altura de buxa de 36 metros e cun diámetro de rotor de 24,5 metros.

• Rede colectora en baixa tensión con condutor tipo Al XZ1 0,6/1 kV, e en media tensión mediante condutor tipo Al RHZ1 2OL 12/20 kV.

• Centro de interconexión con instalación en baixa e en media tensión, cun transformador trifásico de illamento seco, potencia máxima de 800 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV, e cos correspondentes equipamentos de control, comunicacións, servizos auxiliares, medida e protección.

• 1 torre meteorolóxica.

Liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV):

• Un tramo soterrado de simple circuíto con orixe no centro de interconexión do P.E. experimental NED e final no apoio proxectado 1 de paso aéreo a subterráneo (P.A.S.), de 240 m de lonxitude, con condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 95 mm2.

• Un tramo aéreo de simple circuíto desde o apoio 1 P.A.S. ata o último apoio 17 P.A.S, de 3.083 metros, executado mediante apoios metálicos de celosía cun condutor por fase tipo LA-56.

• Un tramo soterrado de simple circuíto desde o apoio 17 P.A.S. ata o centro de repartición, de 250 m de lonxitude, con cable RHZ1 2OL 12/20 kV 95 mm2.

• Centro de repartición para o reforzo da rede de distribución e para permitir a conexión a esta, formado por celas modulares illadas en SF6 de protección, medida e seccionamento, e un transformador de 50 kVA.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico experimental NED 1ª fase (200 kW) e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV), segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A presente resolución axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. A instalación eléctrica que se autoriza terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución coa súa addenda, aos cales se lles outorga autorización de construción.

2. Norvento Tecnología, S.L. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade.

3. En todo momento deberase cumprir canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro; o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobado polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio, así como as demais normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación.

4. Previamente ao inicio das obras, a promotora deberá presentar ante esta dirección xeral o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural sobre as modificacións derivadas do desprazamento dos apoios núm. 16 e núm. 17 da liña de evacuación, tal e como o recolle o órgano ambiental no seu informe do 23.4.2020.

5. Previamente ao inicio das obras, a promotora deberá presentar ante esta dirección xeral un estudo ambiental de sinerxías que inclúa as infraestruturas de evacuación, así como as posibles afeccións a infraestruturas próximas.

6. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que diten en aplicación da citada facultade.

7. De conformidade coa disposición transitoria cuarta, número 3, da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o prazo para solicitar a autorización de explotación será de tres anos contados a partir do presente outorgamento da autorización administrativa de construción. En caso de incumprimento, poderá producirse a súa revogación nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, ou norma que a substitúa.

Unha vez solicitada a autorización de posta en servizo, a xefatura territorial será a encargada de autorizala tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

8. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións a promotora deberá presentar ante a xefatura territorial un certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución aprobado, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Así mesmo, deberá presentar ante esta dirección xeral un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico experimental e da súa liña de evacuación.

9. Unha vez construídas as instalacións autorizadas e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

10. O parque eólico experimental e a súa liña de evacuación deberán cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica que lle resulten de aplicación.

11. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal da TDT, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Norvento Tecnología, S.L. deberá adoptar as medidas necesarias para devolverlle á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

12. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, previa audiencia do interesado.

13. Esta resolución emítese sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

14. A presente resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados actualizada do parque eólico experimental NED 1ª fase (200 kW) e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV)

Proìetarios

Parque eólico

afeccións (m2)

Liña de evacuación (afeccións m2)

Apelidos e nome

Datos catastrais

Pleno

dominio

Servidum. de paso

Servidume de voo

Apoio

Servidume de paso

Ocup.temp.

Acceso apoio

Zona

Pol.

Par.

Paraxe

Cultivo

Part.

Zap.

plat.

Vial gabia

Sevidume de voo

Metros lineais

(ml)

Cultivo priorit.

1

Cultivo priorit.

2

Total

Núm.

Ocup..

Gabia ml

Gabia m2

Núm.

Ocup.

Concelllo da Pastoriza

3

Manuel Calaza Cabanas

7

40

20

Sande

Eucaliptus

1/4

 

 

 

 

49

 

49

 

 

 

 

 

 

 

María Isabel Calaza Cabanas

1/4

Carlos Alberto Calaza Cabanas

1/4

Ana Calaza Cabanas

1/4

5

José Pablo Coido Rio

(Rpte. Josefa Coido Seco)

7

10

76

Pipin

1 - Frondosas 2 - prado

1

 

 

 

179

3.579

2.287

5.866

2

2

 

 

 

 

 

8

José Pablo Coido Rio

(Rpte. Josefa Coido Seco)

7

2

80

Fonte da fraga

Matogueira

1

 

 

 

342

4.559

 

4.559

3, 4(1/2), 5(3/4)

5

 

 

 

 

 

21

Carlos González Reigosa

7

2

38

Chousa

Prado

1

 

 

 

6

107

 

107

 

 

 

 

 

 

 

26

Carlos González Reigosa

5

4

8

Fercios

Eucaliptus

1

 

 

 

111

1.613

 

1.613

 

 

 

 

 

 

 

27

Ana Veiga Edrosa

5

4

9

Fercios

Eucaliptus

1

 

 

 

73

940

 

940

12

2

 

 

 

 

 

28

José Mel Redondo

5

4

10

Fercios

Prado

1

 

 

 

133

2.245

 

2.245

13(1/2)

1

 

 

 

 

 

31

José Mel Redondo

5

4

13

Fercios

Matogueira

1

 

 

 

73

2.132

 

2.132

 

 

 

 

 

 

 

32

Manuel Nieto López

5

4

14

Fraga

Eucaliptus

1

 

 

 

101

1.563

 

1.563

14

2

 

 

 

 

 

María De Los Ángeles Seco Reigosa

35

José Mel Redondo

5

4

39

Pereiros

Prado

1

 

 

 

84

967

 

967

15(1/2)

1

 

 

 

 

 

36

José Mel Redondo

5

4

40

Pereiros

Prado

1

 

 

 

53

532

 

532

16

2

 

 

 

 

 

37

José Mel Redondo

5

3

151

Pereiros

Prado

1

 

 

 

80

705

 

705

17

17

11 

 38

 

 

 

Arrendatarios

3

Ence Energía y Celulosa, S.A.

7

40

20

Sande

Eucaliptus

 

 

 

 

 

49

 

49