Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 19 de xuño de 2020 Páx. 24631

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos dos comercios retallistas galegos para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor, susceptibles de financiamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG524C).

BDNS (Identif.): 511062.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Ademais, deberán cumprir as seguintes condicións: desenvolver a súa actividade en Galicia polo menos nun centro de traballo, tendo a condición de peme, conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empregar menos de dez (10) traballadores e non ter a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable; estar dadas de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo I das bases reguladoras; desenvolver a actividade comercial nun ou varios establecementos, que individualmente non superen unha superficie total de 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653 do IAE.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:

a) Medidas de protección dos empregados e clientes no establecemento comercial.

b) A adaptación do establecemento comercial para reducir o contacto do cliente con elementos e superficies e evitar a súa contaminación.

c) A adquisición de medios de protección e hixiene para comerciantes e clientes.

d) A instalación de equipamentos de desinfección de superficies, ambientes e produtos.

e) A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica.

f) A adquisición de equipamentos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento comercial.

g) Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante o COVID-19 implementadas no establecemento comercial.

h) De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde dos comerciantes, empregados e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución de concesión.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 17 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos dos comercios retallistas galegos para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor, susceptibles de financiamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG524C).

Cuarto. Importe

O crédito dispoñible para esta convocatoria aboarase con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1-741A-7701 e por un importe de 5.000.000 € con cargo ao ano 2020.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de xullo de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2020

Zeltia Lado Lago
Xerente do Intituto Galego de Promoción Económica