Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 19 de xuño de 2020 Páx. 24578

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/21.

A Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se regula o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013 (DOG do 25 de marzo), establece o proceso de admisión para quen non reúna os requisitos académicos establecidos con carácter xeral e para aquelas persoas que, reunindo os requisitos académicos, deben superar a proba específica definida na mesma orde, e autoriza a dirección xeral competente en materia de ensinanzas de réxime especial, na súa disposición derradeira primeira, para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento do previsto nesa orde.

Publicada a Resolución do 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019/20, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centros de ensino non universitario dependentes da consellería.

Por todo o exposto, esta dirección xeral, en virtude das atribucións que lle son conferidas polo Decreto 138/2018, do 8 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, resolve convocar as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/21, que se rexerán polas seguintes instrucións:

Primeira. Modalidades de acceso

1. Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio.

Terán acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio as persoas aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para os efectos académicos e superar unha proba específica.

b) As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para os efectos académicos deberán ter feitos os dezasete anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo I desta resolución, ademais da correspondente proba específica.

c) A proba de madureza poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:

– Pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de formación profesional.

– Pola proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas.

– Pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

– Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores, ou para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior.

– Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio superada en convocatorias anteriores.

2. Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior.

Terán acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior os/as aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de bacharelato, ou equivalente para os efectos académicos, e superar a correspondente proba específica.

b) As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente para os efectos académicos deberán ter dezanove anos, ou dezaoito anos no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en Artes Plásticas e Deseño da mesma familia profesional artística ca aquel a que pretenden acceder, e superar a proba de madureza que se establece no anexo I desta resolución, ademais da correspondente proba específica. Tanto nun coma no outro caso, a idade mínima establecida deberá facerse dentro do ano natural de realización da proba.

c) A proba de madureza poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:

– Pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

– Pola proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas.

– Pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

– Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

– Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior superada en convocatorias anteriores.

d) As persoas aspirantes que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou da ESO poderán presentarse á proba específica de acceso, ben que no momento de formalizar a matrícula no prazo extraordinario, no mes de setembro, deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida, e poderán optar á praza solicitada se hai vacantes.

3. Acceso directo.

3.1. Estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño:

a) Quen estea en posesión dun título de técnico ou técnico superior de Artes Plásticas e Deseño dunha familia profesional relacionada co ciclo formativo a que se pretende acceder ou título declarado equivalente.

b) Quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos dos plans de estudos establecidos polo Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, ou os establecidos con carácter experimental ao abeiro do Real decreto 799/1984, do 28 de marzo, sobre regulación de experiencias en centros de ensinanzas artísticas, así como polo Real decreto 942/1986, do 9 de maio, polo que se establecen normas xerais para a realización de experimentacións educativas en centros docentes.

3.2. Estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao superior de ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño dunha familia profesional relacionada co ciclo a que se pretende acceder ou título declarado equivalente.

3.3. Estará exento de realizar a proba específica de acceso aos graos medio e superior das ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

a) Título de bacharelato, modalidade de Artes, ou de bacharelato experimental.

b) Título superior de Artes Plásticas ou título superior de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.

c) Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.

d) Licenciatura ou grao en Belas Artes.

e) Arquitectura ou grao en Arquitectura.

f) Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.

3.4. Así mesmo, estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio e superior de Artes Plásticas e Deseño quen acredite ter experiencia laboral, de polo menos un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder, para o cal presentará a seguinte documentación:

– Certificación da empresa onde adquiriu a experiencia laboral en que conste a natureza e duración concreta da actividade realizada.

4. Acceso para aspirantes con discapacidade.

4.1. As persoas aspirantes que presenten algunha discapacidade poderán requirir a adaptación que corresponda para a realización das probas de acceso ás devanditas ensinanzas. Para tal efecto, deberán presentar, xunto co formulario de inscrición, a documentación que acredite oficialmente a súa discapacidade e unha solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda.

4.2. Correspóndelle ao tribunal encargado da organización, realización e cualificación de cada proba adoptar as medidas precisas e adaptar os medios e as condicións de realización da proba co obxecto de permitir que os/as aspirantes con discapacidade poidan realizar a proba correspondente en condicións de igualdade co resto de aspirantes.

Segunda. Inscrición para o acceso e admisión

1. A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría da escola de arte e superior de deseño pública elixida en primeiro lugar na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, ou ben telematicamente mediante o enlace habilitado á aplicación CodexPro na páxina web da escola.

2. O prazo para a inscrición comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 3 de xullo para os ciclos de grao superior e ata o 4 de setembro para os ciclos de grao medio. Para tal fin, as escolas de arte e superiores de deseño deberán expor nos seus taboleiros de anuncios e nas súas páxinas web a seguinte información:

a) Normativa reguladora de admisión do alumnado.

b) Prazas que oferten nos diferentes ciclos que teñan autorizados.

c) Calendario de publicación da relación de alumnado admitido, así como dos prazos para presentar reclamacións.

d) Calendario e normas para formalizar a matrícula.

3. Para a formalización das solicitudes de admisión, as escolas de arte e superiores de deseño onde se impartan estas ensinanzas facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto ou o acceso á aplicación informática CodexPro en que facer a inscrición. Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na Secretaría da escola, ou no correo electrónico desta, á cal se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coas copias cotexadas da documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) Título de ESO ou bacharelato, ou certificación académica en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou libro de cualificacións de ESO ou de bacharelato, ou ben o certificado de estudos en que figuren as cualificacións das diferentes materias cursadas e ter realizado o depósito do correspondente título.

c) Certificado de superación da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou grao superior ou de ensinanzas artísticas superiores, se é o caso.

d) Certificado de superación da proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou grao superior de ensinanzas deportivas.

e) Copia cotexada do título correspondente á quenda de acceso.

f) Acreditación de ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder.

g) Certificado de superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, en que conste a opción efectuada e a puntuación obtida.

4. As persoas aspirantes que deban realizar a proba de madureza farano constar na epígrafe correspondente da inscrición. No caso de non superar esta proba, non serán admitidos na proba específica.

5. As persoas aspirantes que estean pendentes da avaliación do proxecto final, ou da avaliación final do ciclo formativo, para a obtención dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño na convocatoria de xuño do ano académico 2019/20 e, en consecuencia, non dispoñan do título de técnico superior antes de finalizar o prazo de inscrición, poderán igualmente formalizar a súa inscrición para o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, e deberán presentar a certificación de ter solicitado o devandito título para a formalización da matrícula no prazo ordinario establecido.

6. As escolas de arte e superiores de deseño onde se realice a inscrición remitirán, o día 6 de xullo para grao superior e o día 4 de setembro para o grao medio á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través de correo electrónico xsere@edu.xunta.gal, a relación provisional de persoas inscritas para o acceso e admisión aos ciclos formativos de grao superior, ordenadas alfabeticamente, con apelidos, nome e número do documento nacional de identidade, así como as probas que deban superar e ciclos formativos da mesma familia profesional que se oferten na Comunidade Autónoma de Galicia aos cales opten, ordenados segundo a preferencia da persoa aspirante, se é o caso, e escolas de arte e superiores de deseño de Galicia nas cales desexan cursar os seus estudos, e expoñerán a dita relación provisional nos seus taboleiros de anuncios e nas súas páxinas web ese mesmo día.

7. As persoas aspirantes que detecten erros ou exclusións nas listaxes provisionais de admitidos ao acceso e admisión a ciclos formativos poderán presentar por escrito a correspondente reclamación na escola onde se inscribisen, durante os días 7 e 8 de xullo, no caso de grao superior, e os días 7 e 8 de setembro, para o grao medio.

Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, as escolas publicarán nos seus taboleiros de anuncios e nas súas páxinas web a relación definitiva de persoas inscritas para o acceso e admisión a ciclos formativos de grao superior e remitirán por correo electrónico xsere@edu.xunta.gal a dita relación á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa o día 9 de xullo, no caso de ensinanzas artísticas profesionais de grao superior, e o día 8 de setembro, para as de grao medio.

8. A relación definitiva de persoas inscritas será exposta no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, http://www.edu.xunta.gal, o día 9 de xullo, no caso de grao superior, e o día 8 de setembro, para o grao medio.

Terceira. Desenvolvemento das probas

a) Probas de acceso ao grao medio.

1. As probas de acceso ás ensinanzas de grao medio realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribisen as persoas aspirantes nos días e horas que se indican a seguir:

1.1. Proba de madureza: día 9 de setembro.

– Primeira parte: das 10.00 ás 13.00 horas.

Versará sobre as seguintes materias: Lingua Galega, Lingua Castelá, Área Científico-Tecnolóxica e Área Sociocultural. O alumnado seleccionará tres destas materias e desenvolverá por escrito as cuestións que se propoñan para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para responder as cuestións de cada materia será de sesenta minutos.

– Segunda parte: das 16.30 ás 19.30 horas.

Versará sobre contidos relacionados coa educación plástica e visual.

1.2. Proba específica: día 15 de setembro.

A proba específica realizarase de acordo co establecido no anexo II desta resolución e terá lugar en cada unha das escolas de arte e superiores de deseño, nas horas que se indican a seguir:

Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas.

Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.

Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.

b) Probas de acceso aos ciclos de grao superior.

1. As probas de acceso ás ensinanzas de grao superior realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribisen as persoas aspirantes nos días e horas que se indican a seguir:

1.1. Proba de madureza: día 10 de xullo.

A proba de madureza realizarase de acordo co establecido no anexo I desta resolución e ás horas que se indican a seguir:

– Primeira parte: das 10.00 ás 13.00 horas.

Versará sobre as seguintes materias: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés), Historia de España, Filosofía.

As persoas aspirantes seleccionarán tres destas materias e desenvolverán por escrito as cuestións que se propoñan para cada unha das tres elixidas.

– Segunda parte: das 17.00 ás 18.00 horas.

Versará sobre contidos relacionados coa historia da arte. O tempo máximo para a realización desta proba será dunha hora.

1.2. Proba específica para todas as familias profesionais: día 20 de xullo.

A proba específica realizarase segundo figura no anexo II desta resolución e ás horas que se indican a seguir:

Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas.

Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.

Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.

2. Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Cuarta. Tribunais das probas

O tribunal avaliador de cada escola de arte e superior de deseño é o órgano competente para resolver sobre a admisión do alumnado. Nos centros públicos, a dirección será a responsable do estrito cumprimento das normas xerais sobre a admisión do alumnado e correspóndelle á xunta de escola garantir o seu cumprimento. Nos centros autorizados de Arte, as persoas titulares serán as responsables do estrito cumprimento das normas xerais sobre a admisión do alumnado e correspóndelle ao consello escolar garantir o seu cumprimento.

Os tribunais tomarán como criterios de avaliación os que se indican nos anexos I e II desta resolución.

a) Grao medio:

1. Para a administración das probas de grao medio constituirase un tribunal avaliador en cada unha das escolas de arte e superiores de deseño en que se imparta algún ciclo formativo de grao medio, coa composición que figura no anexo III desta resolución.

2. Unha vez concluídas as probas de madureza, o día 10 de setembro, os tribunais avaliadores publicarán na páxina web e no taboleiro de anuncios da escola onde se realizou a proba a listaxe de aspirantes, con expresión da cualificación obtida, das persoas presentadas e non presentadas, ordenadas por puntuación e en orde decrecente. As persoas aspirantes poderán formular reclamacións contra as cualificacións obtidas ou solicitar emendas dos erros observados, mediante escrito razoado presentado na Secretaría da escola onde se realizou a proba durante os días 10 e 11 de setembro. Os tribunais avaliadores resolverán o que proceda o día 14 de setembro e publicarán, no mesmo día, as listaxes definitivas nos taboleiros de anuncios e na páxina web da escola onde se realizou a proba; así mesmo, remitirán por correo electrónico (xsere@edu.xunta.gal) estas mesmas listaxes á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para a súa publicación no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

3. Unha vez concluído o proceso de cualificación das probas específicas, os tribunais avaliadores publicarán a listaxe de aspirantes con expresión da cualificación final obtida en cada ciclo formativo, antes do día 17 de setembro, e remitirán o mesmo día esta mesma listaxe á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para a súa publicación no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, http://www.edu.xunta.gal

4. As persoas aspirantes poderán presentar na Secretaría da escola onde se realizou a proba unha reclamación por escrito contra as cualificacións obtidas ou solicitar emenda dos erros observados durante os días 17 e 18 de setembro.

5. Os tribunais avaliadores resolverán o que proceda, en relación coas reclamacións presentadas, o día 22 de setembro, e expoñerán o mesmo día as listaxes definitivas no taboleiro de anuncios e na páxina web da escola onde se realizou a proba, e remitirán por correo electrónico (xsere@edu.xunta.gal) as mesmas listaxes á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

b) Grao superior.

1. Para a administración das probas de grao superior constituiranse tribunais avaliadores en cada unha das escolas de arte e superiores de deseño en que se imparta algún ciclo formativo de grao superior, coa composición que figura no anexo III desta resolución.

2. Unha vez concluídas as probas de madureza, o día 14 de xullo, os tribunais avaliadores publicarán na páxina web e no taboleiro de anuncios da escola onde se realizou a proba a listaxe de aspirantes, con expresión da cualificación obtida, das persoas presentadas e non presentadas, ordenadas por puntuación e en orde decrecente. As persoas aspirantes poderán formular reclamacións contra as cualificacións obtidas ou solicitar emendas dos erros observados, mediante escrito razoado presentado na Secretaría da escola onde se realizou a proba durante os días 15 e 16 de xullo. Os tribunais avaliadores resolverán o que proceda o día 17 de xullo e publicarán, no mesmo día, as listaxes definitivas nos taboleiros de anuncios e na páxina web da escola onde se realizou a proba; así mesmo, remitirán por correo electrónico (xsere@edu.xunta.gal) estas mesmas listaxes á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para a súa publicación no portal educativo da Consellería de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

3. Unha vez concluído o proceso de cualificación das probas específicas, os tribunais avaliadores publicarán a listaxe de aspirantes con expresión da cualificación final obtida en cada ciclo formativo, antes do día 23 de xullo, e remitirán o mesmo día esta mesma listaxe á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para a súa publicación no portal educativo da Consellería de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, http://www.edu.xunta.gal

4. As persoas aspirantes poderán presentar na Secretaría da escola onde se realizou a proba unha reclamación por escrito contra as cualificacións obtidas ou solicitar emenda dos erros observados durante os días 23 e 24 de xullo.

5. Os tribunais avaliadores resolverán o que proceda, en relación coas reclamacións presentadas, o día 27 de xullo, e expoñerán o mesmo día as listaxes definitivas no taboleiro de anuncios e na páxina web da escola onde se realizou a proba, e remitirán por correo electrónico (xsere@edu.xunta.gal) as mesmas listaxes á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

O/a presidente/a de cada tribunal avaliador expedirá a certificación da cualificación obtida por cada aspirante segundo o modelo do anexo IV e as ditas certificacións quedarán depositadas e custodiadas pola escola en que se realizaron as probas. As persoas aspirantes poderán retirar as ditas certificacións e quedará na escola en que se realizou a proba unha copia na cal conste a data e a sinatura do aspirante que a retira.

Unha vez rematado definitivamente o proceso de matrícula, as escolas deberán solicitar as ditas certificacións á escola en que se realizaron as probas e integralas no expediente académico do seu alumnado.

Quinta. Distribución da oferta e criterios para a asignación de prazas

Para a distribución da oferta de prazas en cada ciclo formativo e a prelación na asignación das prazas ofertadas observarase o disposto na Orde do 15 de marzo de 2013 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

1. No caso de aspirantes que aleguen para o acceso a posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño, a cualificación media do seu expediente académico calcularase segundo se dispón no artigo 9.4 da Orde do 9 de setembro de 2004 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de artes plásticas e deseño de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de setembro). No resto dos casos, a cualificación media do expediente calcularase como a media aritmética das cualificacións acadadas nas diferentes materias dos estudos alegados para o acceso ao ciclo formativo, expresada con dous decimais.

2. Para os efectos do cálculo da cualificación media do expediente académico das persoas que soliciten acceder aos ciclos formativos aplicaranse as seguintes equivalencias, agás que no seu expediente consten explicitamente as cualificacións numéricas das materias, caso en que serán as que se teñan en conta:

Suficiente/aprobado: 5,5.

Ben: 6,5.

Notable: 7,5.

Sobresaliente/matrícula de honra: 9,0.

O resultado de aplicar a táboa de equivalencias indicada expresarase coa media aritmética das diferentes materias que integran os cursos dos respectivos plans de estudo, con dúas cifras decimais. Para determinar a cualificación media do expediente académico non se considerarán as materias ou áreas que o alumnado teña validadas ou das que estivese exento.

3. Na determinación da cualificación final da proba de acceso non se terá en conta a parte da cal a persoa aspirante estea exenta.

4. Unha vez aplicados os criterios establecidos para a adxudicación das prazas ofertadas, de haber empate entre dúas ou máis persoas aspirantes, a asignación da praza farase mediante sorteo público.

5. En cada escola de arte e superior de deseño ofertaranse as prazas dispoñibles para cada módulo solto da oferta modular das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. As condicións, criterios e probas de acceso serán as mesmas que as reguladas para os ciclos formativos das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, segundo o establecido nesta resolución. No caso de que queden prazas vacantes unha vez resolto o proceso de admisión, as ditas vacantes poderán ser ofertadas ao alumnado que non curse ensinanzas regradas. Neste caso, as prazas cubriranse por estrita orde de chegada da súa inscrición. Este alumnado poderá obter unha certificación das capacidades acadadas.

Sexta. Reclamacións e recursos

1. Os acordos e decisións sobre a admisión do alumnado realizados polos tribunais avaliadores poderán ser obxecto de reclamación, ante o mesmo órgano que os ditou, no prazo de dous días hábiles. Estes órganos deberán resolver as reclamacións no prazo dun día hábil.

2. Contra as resolucións das reclamacións emitidas polos tribunais avaliadores, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada nos termos que figuran no artigo 16 da Orde do 25 de xuño de 2007.

Sétima. Matrícula e constitución de grupos de ciclos formativos

1. As persoas aspirantes que obteñan praza asignada por resolución dos tribunais avaliadores deberán formalizar a súa matrícula entre os seguintes días:

– Grao medio: días 22 e 24 de setembro, ambos os dous incluídos.

– Grao superior: do día 28 ao 31 de xullo, ambos os dous incluídos.

Unha vez rematado este prazo ordinario de matrícula, as escolas remitiranlle por correo electrónico (xsere@edu.xunta.gal) a relación de persoas aspirantes matriculadas á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

A relación de prazas asignadas, de prazas vacantes e a listaxe de espera será publicada o día 3 de agosto, para os ciclos de grao superior, e o día 28 de setembro, para os ciclos de grao medio, no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, http://www.edu.xunta.gal

2. Para a formalización das solicitudes de matrícula as escolas facilitaranlles ás persoas aspirantes o modelo correspondente, ou o enlace á aplicación informática onde realizarán a solicitude de matrícula. Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na Secretaría da escola, que se xuntará á documentación xa presentada. A non formalización de matrícula no prazo estipulado, salvo causas debidamente xustificadas implicará a perda do dereito a acceder a estas ensinanzas no curso 2020/21.

3. Establécese un prazo extraordinario de matrícula para as ensinanzas artísticas de grao superior os días 17 e 18 de setembro, co obxecto de que as persoas aspirantes que tivesen pendente de superar algunha das materias de bacharelato poidan acreditar a súa superación, no momento de formalizar a matrícula, e para a formalización da matrícula daqueles aspirantes en listaxe de espera aos cales se lles asigne praza.

4. Os tribunais avaliadores terán en conta os criterios de admisión establecidos na Orde do 25 de xuño de 2007, corrixida pola Orde do 15 de marzo de 2013, para a correcta asignación das prazas.

5. Para cada ciclo formativo constituirase, con carácter xeral, un único grupo de alumnado por escola. O número de alumnos e alumnas de cada grupo dependerá das características pedagóxico-didácticas e das posibilidades das instalacións e dos medios de cada ciclo e escola en particular e non deberá ser superior a 30 en ningún caso; non se cuantificará, para estes efectos, o alumnado repetidor. Calquera modificación deste límite requirirá autorización previa e expresa da xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

6. A posta en marcha de cada ciclo formativo estará condicionada á existencia dun número mínimo de 10 alumnos e alumnas; non se cuantificará para estes efectos o alumnado repetidor. Calquera modificación deste límite requirirá a autorización previa e expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Oitava. Medidas de prevención

Durante a realización das probas respectaranse todas as medidas de prevención e hixiene recollidas na Resolución do 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019/20, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centros de ensino non universitario dependentes da consellería, ou calquera outra medida establecida para os centros educativos.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2020

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional
e Innovación Educativa

ANEXO I

Estrutura, contidos e cualificación da proba substitutiva
de titulación de ESO e de bacharelato

I. Proba de madureza dos ciclos formativos de grao medio das familias profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

A proba de acceso substitutiva do título da ESO constará de dúas partes:

Primeira parte:

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua galega a partir dun texto escrito.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua castelá a partir dun texto escrito.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos.

Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo da educación secundaria obrigatoria. Cumprirá seleccionar tres das devanditas materias e desenvolver por escrito as cuestións que se propoñan para cada unha das tres elixidas.

Segunda parte:

– Educación Plástica e Visual: realización, durante un tempo máximo de tres horas, dun exercicio de composición de libre interpretación e técnica, baseado nun modelo proposto.

II. Proba de madureza dos ciclos formativos de grao superior das familias profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

A proba de acceso substitutiva do título de bacharelato constará de dúas partes:

Primeira parte:

Versará sobre as materias comúns propias do currículo do bacharelato:

– Lingua Galega e Literatura.

– Lingua Castelá e Literatura.

– Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés).

– Historia de España.

– Filosofía.

Cumprirá seleccionar tres das devanditas materias e desenvolver por escrito as cuestións que se propoñan para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a súa realización será de tres horas. Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo de bacharelato, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.

Segunda parte:

Versará sobre historia da arte.

ANEXO II

Estrutura, contidos e cualificación da proba específica
de acceso ao ciclo formativo de grao medio e de grao superior

I. Proba específica para o acceso a ciclos formativos de grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

a) Primeiro exercicio: proba escrita.

Desenvolvemento, nun tempo máximo dunha hora, dun tema proposto nun texto sobre artes plásticas e coñecementos histórico-artísticos. Neste exercicio valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.

b) Segundo exercicio: realización.

Realización, nun tempo máximo de dúas horas, de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa aplicación posterior. Neste exercicio valoraranse as destrezas específicas e as capacidades de observación, percepción e aptitude para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

c) Terceiro exercicio: execución.

Execución durante un tempo máximo de dúas horas, cos bosquexos e debuxos realizados no exercicio segundo. Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo, a composición e a predisposición para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

II. Proba específica para acceso a ciclos formativos de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

a) Primeiro exercicio: proba escrita.

Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas.

Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.

b) Segundo exercicio: realización.

Realización, durante un tempo máximo de dúas horas, de bosquexos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior realización. Valoraranse as destrezas, as habilidades, as capacidades de percepción, de observación e de aptitude, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.

c) Terceiro exercicio: execución.

Execución, durante un tempo máximo de dúas horas, da forma que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co ciclo a que a persoa aspirante pretende acceder.

Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo e a capacidade compositiva, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.

ANEXO III

Composición dos tribunais avaliadores para o acceso a ciclos
das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Tribunais da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo

I. Tribunal avaliador das probas de acceso ao ciclo formativo de grao medio en Serigrafía Artística:

Titulares:

Suplentes:

Presidente

Alejandro Carro Rodríguez

Presidenta

María Antonieta Ríos Peleteiro

Vogal 1ª

Isabel Somoza García

Vogal 1ª

María Vázquez López

Vogal 2ª

Faina Manchón González

Vogal 2ª

Ana Luisa Castro Dapena

Vogal 3ª

Aida Fernández Carreira

Vogal 3ª

Ángela Morales Polo

Vogal 4ª

Noelia Pardo Fernández

Vogal 4º

Francisco Fernández Ares

II. Tribunal avaliador das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior:

Titulares:

Suplentes:

Presidente

Francisco Fernández Ares

Presidente

Alejandro Carro Rodríguez

Vogal 1ª

Carmen Fernández Rodríguez

Vogal 1ª

Isabel Somoza García

Vogal 2ª

Ana Luisa Castro Dapena

Vogal 2ª

Gloria María Rodríguez Simón

Vogal 3ª

Elena Sánchez Pendás

Vogal 3º

Alfredo Yáñez Rebolo

Vogal 4º

Xosé Fontal Álvarez

Vogal 4ª

Belén Carracedo González

Tribunal da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense

I. Tribunal avaliador das probas de acceso a ciclos formativos da familia profesional de Comunicación Gráfica e Audiovisual e familia profesional de Escultura:

Titulares:

Suplentes:

Presidente

Armando García Ferreiro

Presidente

Antonio Andrés Ferreiro Rodríguez

Vogal 1º

José Luis Carreira Varela

Vogal 1º

Miguel Ángel Mantilla González

Vogal 2ª

Ofelia Cardo Cañizares

Vogal 2º

Javier Fernández Alonso

Vogal 3ª

María del Carmen Fernández González

Vogal 3º

Juan Manuel Seoane Ventín

Vogal 4º

Jacobo Fernández Serrano

Vogal 4º

César Carlos Taboada Varela

Tribunais da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
de Santiago de Compostela

I. Tribunal avaliador das probas de acceso ao ciclo formativo de grao medio en Procedementos de Xoiaría Artística:

Titulares:

Suplentes:

Presidenta

María Gómez García

Presidente

Santiago Riande Torres

Vogal 1ª

Mª José Prada Rodríguez

Vogal 1ª

María Teresa Picallo Rodríguez

Vogal 2º

Nilo Héctor Arias Pérez

Vogal 2º

Jesús Eduardo Villar Quintás

Vogal 3ª

Irene Gago Pesado

Vogal 3º

Xulio Álvarez García

Vogal 4ª

Uxía Santás Lamas

Vogal 4ª

Araceli Díaz Cabanas

II. Tribunal avaliador das probas de acceso ao ciclo formativo de grao superior en Fotografía, Gráfica Publicitaria, e Proxectos e Dirección de Obras de Decoración:

Titulares:

Suplentes:

Presidente

Santiago Meis Casalderrei

Presidente

Andrés Etxeita Costales

Vogal 1º

Juan Carlos Villaverde Troncoso

Vogal 1º

Juan Marcos Adrio Fondevila

Vogal 2º

Antón García Freire

Vogal 2ª

Nelly Rial Verde

Vogal 3º

Fernando Vaquero Farto

Vogal 3ª

Mercedes Vega Cerqueiro

Vogal 4ª

Rosa Figueroa Ínsua

Vogal 4ª

Raquel Anta Barragán

III. Tribunal avaliador das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior en Técnicas Escultóricas, Dourado, Prateado e Policromía, Estilismo da Indumentaria, e Xoiaría Artística:

Titulares:

Suplentes:

Presidente

Óscar Aldonza Torres

Presidente

Fernando Regueira Veiga

Vogal 1º

Antonio Gómez Losada

Vogal 1ª

Vanessa Díaz Otero

Vogal 2ª

Sabela Castro Añón

Vogal 2ª

M. Concepción Viñas Glez. Zahera

Vogal 3ª

Carmen O. Toribio Rguez. Redondo

Vogal 3ª

Ana Seara Ferreiro

Vogal 4º

Manuel Delgado-Gambino Rguez.

Vogal 4º

Juan Ramón Pérez Martínez

Tribunais da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña

I. Tribunal avaliador das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior en Ilustración:

Titulares:

Suplentes:

Presidente

Javier Macho Eiras

Presidente

Jaime Manuel Rodríguez Sampedro

Vogal 1ª

Ana González Orrio

Vogal 1ª

Lucía Rivera Formoso

Vogal 2ª

Clara María López Torres

Vogal 2º

Carlos Alfonzo Fernández

Vogal 3º

Luís Teijeiro López

Vogal 3º

Javier López Vila

Vogal 4º

Jorge Couceiro García

Vogal 4ª

María Judit Martínez López

II. Tribunal avaliador das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior en Fotografía, Cerámica Artística, Técnicas Escultóricas, Escultura Aplicada ao Espectáculo, e Dourado, Prateado e Policromía:

Titulares:

Suplentes:

Presidente

Jesús Miguel Alonso Oural

Presidenta

Marta María Cousiño Gómez

Vogal 1º

Mario Emilio García Herradón

Vogal 1º

Manuel Otero Parra

Vogal 2ª

Mª Concepción Salgado Fernández

Vogal 2º

Gonzalo Varela Díaz

Vogal 3ª

Talía Fernández Fernández

Vogal 3º

Santiago Castro Gil

Vogal 4º

Carlos Isla Fernández

Vogal 4ª

Marta María Fernández Núñez

ANEXO IV

Certificación académica
Certificación académica
Proba de acceso ás ensinanzas profesionais de A.P.D. ano académico 2020/21
Prueba de acceso a las enseñanzas profesionales de A.P.D. año académico 2020/21

Don/Dona ……………………..…………….presidente/a do tribunal de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o ano académico 2020/21.

Don/Doña ..................................................presidente/a del tribunal de acceso a las enseñanzas profesionales de Artes Plásticas y Diseño para el año académico 2020/21.

(Resolución do… de ………….…. de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa).

(Resolución de… de ………….…. de 2020, de la Dirección General de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa).

CERTIFICA:

Que Don/Dona. …………………………………con DNI nº………...…....obtivo na proba de MADUREZA/ESPECÍFICA de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o acceso ao ciclo formativo de grao MEDIO/SUPERIOR:

Que Don/Doña …………….……………..........con DNI nº.……..………...obtuvo en la prueba de MADUREZ/ESPECÍFICA de acceso a las enseñanzas profesionales de Artes Plásticas y Diseño para el acceso al ciclo formativo de grado MEDIO/SUPERIOR:

––––– (Cualif. numérica) – (Cualif. literal)

––––– (Calif. numérica) – (Calif. literal)

Integrado na familia profesional artística:……...……………………………………………..

Integrado en la familia profesional artística:……………...................................................

A cualificación de:

La calificación de:

––––– (Cualif. numérica) – (Cualif. literal)

––––– (Calif. numérica) – (Calif. literal)

O que, por solicitude do/da interesado/a, e para que conste onde proceda, asino en:

Lo que, a solicitud del/de la interesado/a, y para que conste donde proceda, firmo en:

Santiago de Compostela, ……. de………………………..….de 2020

Santiago de Compostela, ……. de………………………..….de 2020

O/a presidente/a:

El/la presidente/a:

(Selo da EASD en que se realizaron as probas de acceso e sinatura do presidente ou da presidenta do tribunal).